Saltar al contenido principal
Memorias Dunha Vaca Marela

Memorias Dunha Vaca Marela

Eiré López, Afonso

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a ...

Editorial:
Hércules Ediciones, S. a.
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-948619-1-8
Páxinas:
240
Encadernación:
Rústica
17,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...".
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.
Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial.
Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas.
"Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza".
E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido.
Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas.
Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!.
A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.
Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.
Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".

Artículos relacionados

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

O Piloto. O Último Guerrilleiro

O Piloto. O Último Guerrilleiro

Eiré López, Afonso

O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vi...

14,96 €

A Morte Do Meu Pai

A Morte Do Meu Pai

Eiré López, Afonso

A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclam...

17,90 €

Ausentes

Ausentes

Eiré López, Afonso

Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son...

24,00 €

A Maxia Da Auga

A Maxia Da Auga

Eiré López, Afonso

Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga. Galiza é terra de augas. E hai fontes como as do Faro que poden ser beneficiosas, pero tamén hai fontes malas. Se non que llo digan a un peregrino que ía cara a Compostela e, na vez de seguir subindo, volveu para Penasillás. Cal é a causa de que en Galiza agochemos as...

15,00 €

O Piloto. El Último Guerrillero

O Piloto. El Último Guerrillero

Eiré López, Afonso

Xosé Luis Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), conocido popularmente como Piloto, no se convirtió en mito por ser el último guerrillero muerto en combate en todo el estado. Sus hazañas, su leyenda y la necesidad de los resistentes antifranquistas ya lo habían elevado la esa categoría en vida. Este libro no es solo una exhaustiva biografía que recoge toda su andadura y su...

14,96 €

Infiltrados 2ªed

Infiltrados 2ªed

Eiré López, Afonso

16,50 €