Hotel Cidade Sur
Quintiá Pérez, Xerardo
Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación. As oito historias que compoñen ...
Sinopsis
Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación. As oito historias que compoñen Hotel Cidade Sur analizan a realidade de oito personaxes que aboian nun espazo situado entre o rural e o urbano, nos arrabaldes dunha capital de provincia. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade. Personaxes anónimos cunhas vidas baixo mínimos que tratan de comprenderse, de botar luz sobre si mesmos e sobre as circunstancias que os contemplan: un adolescente acabado de chegar á cidade, un músico que acode ao enterro dun dos compoñentes da banda na que tocou cando era novo; un home chamado Romeu que atropela a unha muller chamada Xulieta, un mozo que soña con ser poeta, as derradeiras horas na vida do escritor Raymond Carver? oito "vidas cruzadas", oito historias contadas cunha linguaxe concisa e directa que, ganduxando os fíos da sinxeleza e a transparencia, crean un tecido de sutil e contida emotividade.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroInformación de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Otros libros del autor