Saltar al contenido principal
Hotel Cidade Sur

Hotel Cidade Sur

Quintiá Pérez, Xerardo

Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación. As oito historias que compoñen ...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2012
ISBN:
978-84-9865-413-4
Páxinas:
168
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
17,60 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación. As oito historias que compoñen Hotel Cidade Sur analizan a realidade de oito personaxes que aboian nun espazo situado entre o rural e o urbano, nos arrabaldes dunha capital de provincia. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade. Personaxes anónimos cunhas vidas baixo mínimos que tratan de comprenderse, de botar luz sobre si mesmos e sobre as circunstancias que os contemplan: un adolescente acabado de chegar á cidade, un músico que acode ao enterro dun dos compoñentes da banda na que tocou cando era novo; un home chamado Romeu que atropela a unha muller chamada Xulieta, un mozo que soña con ser poeta, as derradeiras horas na vida do escritor Raymond Carver? oito "vidas cruzadas", oito historias contadas cunha linguaxe concisa e directa que, ganduxando os fíos da sinxeleza e a transparencia, crean un tecido de sutil e contida emotividade.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

Obra Inacabada de Dosinda Christensen

Obra Inacabada de Dosinda Christensen

Quintiá Pérez, Xerardo

Obra inacabada de Dosinda Christensen (Alvarellos Editora, 2021) recibiu, en 2020, o Premio de Poesía do Concello de Vilalba (Lugo) na súa edición número 46. A voz poética que emerxe nestes versos, depurada ata o extremo, é a de Dosinda Christensen. O autor, Xerardo Quintiá (Friol, Lugo, 1970) imaxina un heterónimo, unha voz feminina que anula a súa propia voz de autor e será e...

14,90 €

O Viaxeiro Radical

O Viaxeiro Radical

Quintiá Pérez, Xerardo

En busca da liberdadePublícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo o ...

19,50 €

Titiritesa (Portugués)

Titiritesa (Portugués)

Quintia Perez, Xerardo

Titiritesa vive no reino de Anteontem. A mãe, Mandolina, sonha ver a filha bem casada e tenta educá-la como uma fina cortesã. Mas a filha não partilha das aspirações da rainha e rejeita essa vida convencional que lhe querem impor. Perante a iminente chegada de uma precetora, decide fugir do palácio para viver fantásticas e divertidas aventuras. Nesta história celebra-se o amor ...

14,90 €

Titiritesa (Castellano)

Titiritesa (Castellano)

Quintia Perez, Xerardo

Titiritesa vive en el reino de Anteayer. Su madre, Mandolina, sueña con ver a su hija bien casada e intenta educarla como una cortesana refinada. Pero la hija no comparte las aspiraciones de la reina y rechaza esa vida convencional que le quieren imponer. Ante la inminente llegada de una institutriz, decide huir de palacio para vivir fantásticas y divertidas aventuras: como con...

15,90 €

Fornelos & Fornelos. Segunda Fundación

6,00 €