Saltar al contenido principal
Filibuth Ou o Reloxo Perdido

Filibuth Ou o Reloxo Perdido

Max Jacob

Max JacobA novela Filibuth ou o reloxo de ouro, publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual. Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Año de edición:
2018
ISBN:
978-84-948805-5-1
Encuadernación:
Rústica
16,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Max Jacob

A novela Filibuth ou o reloxo de ouro, publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual. Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o conserva con tanta reverencia como desleixo. Vítima de constantes cambios de mans, o obxecto emprende unha viaxe internacional por lugares como a Costa Azul ou Venecia, onde se converte en amuleto nunha sesión de hipnotismo e asiste ás loiadas do vello conquistador Cecco Baldo. Ao cabo, tras chegar ao Xapón, retorna á señora Lafleur e coñece un ridículo final.

O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante, que prodigan os seus excesos verbais. O relato deriva así nunha enorme caricatura adobiada con reflexións morais e extensas cartas. Os paralelismos entre Max Jacob e o personaxe de Odon-Cygne-Dur -ambos veciños da rúa Gabrielle, un dos principais escenarios da historia, e convertidos á fe relixiosa, desenganados da vida parisiense-, fan que parte da crítica a defina como unha novela autobiográfica desenfadada e vangardista que combina a linguaxe elíptica e metafórica co rexistro popular.

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €