FILIBUTH OU O RELOXO PERDIDO

FILIBUTH OU O RELOXO PERDIDO

MAX JACOB

16,00 €
IVE incluído
4-8 días
Editorial:
EDITORIAL HUGIN E MUNIN
Ano de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-948805-5-1
Encadernación:
Rústica

Max Jacob

A novela Filibuth ou o reloxo de ouro, publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual. Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o conserva con tanta reverencia como desleixo. Vítima de constantes cambios de mans, o obxecto emprende unha viaxe internacional por lugares como a Costa Azul ou Venecia, onde se converte en amuleto nunha sesión de hipnotismo e asiste ás loiadas do vello conquistador Cecco Baldo. Ao cabo, tras chegar ao Xapón, retorna á señora Lafleur e coñece un ridículo final.

O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante, que prodigan os seus excesos verbais. O relato deriva así nunha enorme caricatura adobiada con reflexións morais e extensas cartas. Os paralelismos entre Max Jacob e o personaxe de Odon-Cygne-Dur –ambos veciños da rúa Gabrielle, un dos principais escenarios da historia, e convertidos á fe relixiosa, desenganados da vida parisiense–, fan que parte da crítica a defina como unha novela autobiográfica desenfadada e vangardista que combina a linguaxe elíptica e metafórica co rexistro popular.

Artículos relacionados

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En stock

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • A FORZA ESCURA
    COUPERUS, LOUIS
    Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava. Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido po...
    En stock

    20,10 €

  • MINIA, AMOR DOE
    ESTÉVEZ LÓPEZ,JOSÉ
    Por fin cortei as cadeas, por fin escapei do xugo dun matrimonio que acababa coa miña saúde física e mental. De verdade, facédeme caso, nuna é tarde para tomar unha decisión deste tipo a facer as reparacións e reformas necesarias.O peor dos malos tratos é normalizalos, convertelos en habitables, ver esa relación tóxica como unha relación natural, coa que hai que lida...
    En stock

    18,00 €

  • OS MALAGANA
    GIOVANNI VERGA
    Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo ´Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole.Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un...
    En stock

    17,50 €

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €