Saltar al contenido principal
Diários de Coresma e Quarentena

Diários de Coresma e Quarentena

Fotografías de Natalia G. Devesa

Naire Eanes Quinta

Este é un poemario que deixa as lamentacións a un lado e sácalle todo o partido posible a unha época que nos tocou vivir a todes de maneiras moi diferentes. Naire enfoca, e dá a entender coa súa poética, que as súas vivencias a situaron nun marco esperanzador cargado de erotismo mais non exento de reivindicación e chiscadelas as inxustizas todas a través da pandemia, os peches,...

Editorial:
Saurobuks
ISBN:
978-0-04-868810-1
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Este é un poemario que deixa as lamentacións a un lado e sácalle todo o partido posible a unha época que nos tocou vivir a todes de maneiras moi diferentes. Naire enfoca, e dá a entender coa súa poética, que as súas vivencias a situaron nun marco esperanzador cargado de erotismo mais non exento de reivindicación e chiscadelas as inxustizas todas a través da pandemia, os peches, as guerras e as presas que seguen presas!

O poemario divídese en varias partes que foron precisamente as marcadas naqueles tempos. E así hai unha "Pré-pandemia" en marzo; vén despois abril co peche, algo que non desmoraliza a autora que ten como referente onde quedou confinada, un lugar máxico como o Sar en Compostela e do que fará mención no poemario varias veces, igual que ao amor ao mesmo lugar, e a outros amores e amizades.

Maio coa "Desescalada" e albiscar o final, sabendo da celebración do mesmo vaise tecendo no libro. A poesía de Naire é fresca coma as augas do río onde se baña e nótase que, aínda sendo o seu primeiro poemario, está completamente sementada para rebordarse coas súas palabras a través das páxinas do mesmo.

Días nos que xorden varios poemas. Inspiración e expiración. Acción poética. Palabras escollidas para uns tempos inesquecibles dos que a autora acaba marchando do lugar onde atopou esa inspiración, non sen lembrar que quere volver aló, á procura do Sar e á procura do amor.

O poemario está ilustrado con fotografías de Natalia Gonçalves, as cales son o puntos idóneos, ao meu ver, para a ilustración deste poemario. As súas fotos trazan e amosan as liñas e píxeles que asocian e conforman todo este artefacto onde as mulleres teñen de novo en Saurobuks o papel, nunca mellor dito, que teñen que ter.

Naire é unha autora novel que seguro dará que falar dentro do ámbito da poesía en galego. Oxalá siga escribindo como o fai en "Diários de coresma e quarentena".

Saurobuks

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €