Saltar contido
Cráter

Cráter

Novo, Olga

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fer...

Editorial:
Faktoria K de Libros, S. a.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-16721-99-3
Páxinas:
216
Encadernación:
Rústica
Colección:
SIN COLECCION
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban
un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís
da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días
da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma
colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra;
e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños
organizando o comité da noite».
Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza,
da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum,
bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito.
E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por iso
os poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestións
caudalosas discorrendo coa liberdade imprevisible
dun corazón que se expresa de fóra cara a dentro.
Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldos
dun lume tribal e, asemade, á celebración das emanacións
ingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusa
campesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa.
E proclama: «Vilarmao, sempre!».

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Outros libros do autor

A Teta Sobre o Sol

A Teta Sobre o Sol

Novo, Olga

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...

13,50 €
Feliz Idade

Feliz Idade

Novo, Olga

Faktoria K de Libros, S. a.

Con "Feliz Idade", Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos. ...

15,00 €
Felizidad

Felizidad

Novo, Olga

Olifante, Ediciones de Poesía

15,00 €
A Cousa Vermella

A Cousa Vermella

Novo, Olga

Espiral Maior

17,00 €
Nós Nus

Nós Nus

Novo, Olga

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba. ...

13,95 €
Erótica Medieval Galaica

Erótica Medieval Galaica

Novo, Olga

Toxosoutos, S. l.

13,00 €

Outros clientes tamén mercaron

Cantares Gallegos

Cantares Gallegos

Castro, Rosalía De

Editorial Galaxia, S. a.

A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas. A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribi...

15,20 €