Ex-Céntricas
Lema París, Ánxela / Villar Aira, Sara
Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.Enchéndonos de mús...
Sinopse
Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.
Enchéndonos de música da Philarmonie de París, espidas de medo, escribíndose libres, baleas en perigo de excitación, as voces líricas do texto reclaman que o amor se faga pandemia ou, polo menos, verbena de verán.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados