Saltar al contenido principal
Desenfoque

Desenfoque

Gómez Calvo, Noelia

Desenfoque é un canto á distorsión, a súa orixe e os seus efectos, unha escrita consciente sobre afraxilidade do corpo e do entorno que o rodea. Poema a poema a lectora acompaña a evolución daenfermidade individual sen perder contacto coas doenzas do colectivo. Un salto ás cegas, un desafíoonde a cura persoal e a mancadura das outras constrúense sobre a mesma cicatriz ata ser u...

Editorial:
Apiario
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-124530-8-9
Páxinas:
80
Encadernación:
Rústica
18,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Desenfoque é un canto á distorsión, a súa orixe e os seus efectos, unha escrita consciente sobre a
fraxilidade do corpo e do entorno que o rodea. Poema a poema a lectora acompaña a evolución da
enfermidade individual sen perder contacto coas doenzas do colectivo. Un salto ás cegas, un desafío
onde a cura persoal e a mancadura das outras constrúense sobre a mesma cicatriz ata ser un
esconxuro.

Por que ler?

-Porque Noelia Gómez toma a man da cirurxiá, atravesa o proceso da escrita e ofrécella a un tigre
famento.

-Porque cando a vista falle, a lectora poderá guiarse a través das sombras e do canto.

-Porque neste libro as fracturas e a memoria son xeitos de nomear a perda.

-Porque o inverno tamén ten o seu clímax e na falta de luz os paxaros aprenderon a voar na
escuridade.

Artículos relacionados

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €