Saltar al contenido principal
Conecta Co Íntimo

Conecta Co Íntimo

Otero Fernández,David

?... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de ?conecta co íntimo?. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquist...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-8487-731-8
Páxinas:
82
Encadernación:
Bolsillo
14,96 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

?... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de ?conecta co íntimo?. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquistas, oxalá eles toquen a alegrías e así vaian a menos as indiferencias, e se marquen espazos sentidos de emocións. Que ben así, dar o paso de tentar o ando do traxecto polos poemas. Canta ilusión en apañar bo rianxo e levalo ao directo, activado, a poder ser aprendendo e soñando ti e vós os meus e nosos soños ( os rotos tamén) e tratar así de irmos a algún lado, pois a poesía quere que vaiamos a ela todos os días e logo que viaxemos onde nos pete e poidamos. Volvámonos formigas de formigas. Non camiñemos levados polos silencios. Afloremos os desexos ocultos. Fagamos vida da vida ( e para ela).Recuperemos nos versos , se for o caso, e pola lectura, máis fíos para nos encantamentos obrar de mellor gusto. Velaí este ?conecta co íntimo?, po

Artículos relacionados

Nakba

Nakba

Torrado Queiruga, Patricia

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquie...

16,90 €

Requiem

Requiem

Outeiro, Eugenio

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...

13,50 €

Trazo Dobre

Trazo Dobre

Sanchez Abeal, Patricia

O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...

14,30 €

Umbilical

Umbilical

Quintiá,Xerardo / Ramos,Baldo

Escribíndose desde a controversia e articulándose unha contra a outra, dúas voces flúen para desembocar finalmente nunha tensión creativa na que as palabras reconcilian as súas semánticas diverxentes e por veces enfrontadas, pero nas que tamén se convoca a arela de compartir e nomear o lugar para conseguir habitalo doutro xeito e darlle un sentido novo máis alá de calquera arti...

14,96 €

As Torres Abolidas

As Torres Abolidas

Miranda Ruiz, Xosé

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...

19,50 €

Cativa en Su Lughar / Casa Pechada

Cativa en Su Lughar / Casa Pechada

Pichel, Luz

Castrapo: lengua menor, fronteriza. Una variante del castellanohablada en Galicia porpersonas que tienen como primera lengua el gallego y sólo emplean elcastellano por cortesíacon el interlocutor o en entornos en los que se habla castellano. Sinsistema fonético, nidiccionario, ni mucho menos corpus literario. Objeto de burla,caricatura, humillación?Luz Pichel terminó de escribi...

18,00 €