Saltar al contenido principal
As Torres Abolidas

As Torres Abolidas

Miranda Ruiz, Xosé

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...

Editorial:
Pen Club de Galicia
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-09-79289-4
Páxinas:
73
Encadernación:
Cartoné
19,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible que peta na porta, os camiños borrados, os barcos mortos, a barca de xoguete naufragada na charca, os riscos das rapazas que noutrora subían pola rúa, a néboa ollada desde o cume, as pantasmas do que nunca foi, a cidade mergullada en cada un de nós, o inconsolable príncipe que busca a súa remota infancia nunca recobrada, os bíteres deitados polo mar, a choiva pertinaz que cae sempre no pasado, a delicada melancolía das estralas mortas, a soidade primeira, a largacía luz dos faros, os ollos amados, as aves que cantou Fernando Esquío, as xoaniñas que nos contaron os dedos e as torres demolidas polas horas incesantes.

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €