O TREVO DA SORTE

O TREVO DA SORTE

ROMERO, MEDOS

12,10 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Ano de edición:
2003
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-96128-45-3
Páxinas:
116
Encadernación:
Otros
Colección:
BAIA NARRATIVA

Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa e espida, gozou canto menos do seu instante final naquel lugar. Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre, naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans. Entregada, núa, tal e como ela concebira a beleza por primeira vez, naquel outro corpo, na dor da súa visión, no desacougo daquilo que lle atraera tanto, cando ela se iniciaba ao mundo a través duns ollos aínda inocentes, cando a pebida do sentir prendera nela, cando Carla se iniciaba no desexo, daquela, hai tempo, cando non soubo xa saír daquel lugar, atrapada, cando finou en si, cando Carla aínda ignoraba que era xa un ser dun só instante.

Artículos relacionados

  • TRITÓN
    BLANCA RIESTRA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso...
    En stock

    16,00 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En stock

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • AS TRES VIDAS E AS CATRO MORTES DE ROBERTO SEOANE
    SERAFIN PARCERO
    En stock

    24,90 €

  • A FORZA ESCURA
    COUPERUS, LOUIS
    Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava. Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido po...
    En stock

    20,10 €

Outros libros do autor