O MILITANTE

O MILITANTE

EIRÉ LÓPEZ,AFONSO

24,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
HÉRCULES
Ano de edición:
2024
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-19754-47-9
Páxinas:
272
Encadernación:
Bolsillo

A verdade tranquiliza ou desacouga?
Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.
Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais episodios económico-políticos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comité de Empresa de Caixasur. Para Martiño, a súa vida e a de milleiros de cidadáns da Oliva sería totalmente distinta se non saldasen Caixasur, pois foi aí onde comezaron a maioría dos problemas.
Este libro está escrito para aquelas persoas que queren saber, seguindo a máxima de John Berger de que «a imaxinación non é a capacidade de inventar, senón a capacidade de desvelar o que existe».

Artículos relacionados

  • MAMUT
    BALTASAR, EVA
    Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía a piques da ruína que se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe. Esta novela pecha a triloxía «Tres corpos salvaxes», coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poética...
    En stock

    16,00 €

  • MATERIAL DE CONSTRUCIÓN
    RODRÍGUEZ, EIDER
    Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un relato universal...
    En stock

    19,00 €

  • OS MORTOS QUE AMEI
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos... O can Elvis e o se...
    En stock

    17,60 €

  • A CANTIGA DA BURATA
    MIGUEL ANXO MURADO GARCÍA
    […] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer g...
    En stock

    17,90 €

  • A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR
    ROSA SUÁREZ REDONDO
    Mercedes volveu de EUA embarazada dunha filla,Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora. Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chi...
    En stock

    13,00 €

  • O QUE NON TEN PREZO
    PACHO BLANCO, XOSÉ M.
    Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une. Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo...
    En stock

    16,50 €

Outros clientes tamén mercaron

  • O PRACER DA CHUVIA
    VÁZQUEZ, MANUEL
    “A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servand...
    En stock

    17,90 €

  • A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e ...
    En stock

    18,50 €

  • COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou...
    En stock

    17,95 €

  • A SAGA DAS CURANDEIRAS
    CASTRO CERCEDA, MARISA
    A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de pers...
    En stock

    21,00 €

  • A INMORAL DOUTORA CONS
    ROBERTO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
    O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medi...
    En stock

    21,90 €