Búsqueda de Editorial : BAÍA EDICIÓNS

196 resultados

  • A FUXIDA
    REY VÁZQUEZ, CRISTINA
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade...
    En stock

    13,50 €

  • MEMORIA PARA XOANA
    MARICA CAMPO
    Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, enca...
    En stock

    12,00 €

  • AS ESCUMAS DA LETRA
    ESPERANZA L. MARIÑO DAVILA
    A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia...
    En stock

    20,00 €

  • ABOMINABLES ADORABLES E XIGANTAS CANTANTAS
    ESTÍBALIZ ESPINOSA / ÓSCAR BRANDARIZ GARCÍA (ILUSTRADOR)
    Hai xigantas e xigantes que poderían ser abominables pero elixen non selo. Gozan da súa amizade, cantan, xantan, contan estrelas, pensan no planeta e resultan ata riquiños e miudiños. E se non eran tan abominables? Igual hai que ir pensando noutros adxectivos para eles... ...
    En stock

    15,00 €

  • SIBILA E A MONSTRUOSA FESTA DO SAMAÍN
    MARTA LADO
    Como viven as familias vampiras? Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas preocupacións, medos e anceios? Que monstros herdamos do ideario popular? Disto e moito máis trata a divertida historia de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, que narra a visita dos parentes dee Sibila ao cemiterio familiar da aldea para pasar tan sinalada celeb...
    En stock

    10,00 €

  • A MAXIA DA CERÁMICA
    SABELA ORGUEIRA VIQUEIRA
    Ás veces, a maxia está nas cousas máis sinxelas: na auga, no aire, no lume e na terra mesma. Neste conto descubrirás, coas fadas do lume, a maxia da cerámica. Aprenderás a transformar o barro e convertelo en fermosas pezas, coñecerás as ferramentas, técnicas, procesos e acabados cerámicos con ilustracións para inspirarte e poder facer as túas propias creacións. Par...
    En stock

    15,00 €

  • E QUE VAI SER?
    VIDAL VIZCAYA, ADELAIDA
    Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a familiares e amizades as preguntas que lle fan sobre que vai ser ela unha vez naza. Tanto importa? ...
    En stock

    15,90 €

  • LUAR NA LUBRE XX-ENCRUCILLADA (LIBRO-DISCO)
    LUAR NA LUBRE
    Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración..., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados...
    En stock

    34,00 €

  • OS CONTOS DO LOBICÁN
    EVA MEJUTO
    Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que r...
    En stock

    15,00 €

  • NAS NUBES
    JOSÉ LUIS BAÑOS DE COS
    Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral no que os obxecto...
    En stock

    9,00 €

  • UNHA BOA GATUCADA!
    PALLARÉS GARCÍA, PILAR
    Onde manda gata vella, que é o que pode un mangallón? Ela chámase Ofelia e veu do monte (un anaco de campo entre altos edificios); el é Leo, o que sempre quere ser protagonista, que para algo é un macho alfa! Comparten piso con Romi, fan de David Bowie, e coa Maga, unha siamesa xoldeante. Ah!, e cunha humana bastante riquiña, aínda que un pouco maniática e sosa, como ad...
    En stock

    14,50 €

  • AS CARTAS DO DESARRAIGO
    VIDAL BLANCO, FRANCISCO ANTONIO
    Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo- ao longo de 10 capítulos escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador- esa vila de emigra ...
    En stock

    16,00 €

  • A FOTOGRAFÍA 51
    CANOSA BLANCO, MARÍA / MAYOR AGRELO, PAULA
    A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X. Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cr...
    En stock

    15,00 €

  • POLA NOITE
    CHYTILOVÁ, LENKA
    Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chia e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se orientan ploa noite...
    En stock

    16,90 €

  • DONAS DE NÓS
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, ond...
    En stock

    9,65 €

  • DESMONTANDO O CORPO, CONSTRUÍNDO A CIENCIA
    BARREIRA FREIJE, ANDREA
    Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarate as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos? ...
    En stock

    16,55 €

  • NOS FURADOS DAS ÁRBORES
    PAKOVÁ, MARKÉTA ES
    Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten. A cambio, a árbore déixalle facer ...
    En stock

    19,85 €

  • BAIXO TERRA
    BARTÍKOVÁ, PETRA
    O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades. Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, aínda que sexa un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás que divertido! Neste libro atoparás cámaras soterradas e túneles ...
    En stock

    15,40 €

  • O MAL QUERER
    CAROU FIGUEIRA, NATALIA
    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. É un gr...
    En stock

    14,35 €

  • FERREÑAS E ROCK AND ROLL
    ROMERO PEREIRA, LAURA / PEDREIRA SANJURJO, IRIA
    Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega. Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra ...
    En stock

    18,65 €

  • MANUAL PRÁCTICO DE GALEGO
    BELTRÁN CARBALLEIRA, RAMÓN X.
    Nova edición corrixida. 2019 O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego. O presente manual re...
    En stock

    31,70 €

  • REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL
    FRA BAGARIA, MARIA
    A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas re...
    En stock

    27,60 €

  • O FORMIGUEIRO
    PETRA BARTIKOVÁ MAGDALENA TAKÁCOVA(ILU.) MARÍA REIMÓNDEZ
    Imaxina que es unha formiga e pasas un día no formigueiro. Como sería? Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns. Ti e as túas amigas pasariádelo de medo chuchándolles o zume doce que soltan. Pero abonda de falar, que tal se te ...
    En stock

    15,25 €

  • A RECONQUISTA
    YÁÑEZ RODRÍGUEZ, ANTIA
    No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade. ...
    En stock

    14,35 €

  • OS ANIMAIS DA GRANXA
    ANNE PASSCHIER(ILU.)
    A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. Esta asociación de ilustracións infantís e fotos dos animais no seu medio, converten a colección en algo singularmente diferente e atractivo. Un libro que presenta algúns dos animais que viven nas nosas granxas na fronteira do documental e do libro ilustrado par...
    En stock

    11,65 €

  • OS ANIMAIS DO BOSQUE
    ANNE PASSCHIER(ILU.)
    A colección asocia ilustracións con magníficas fotos para mostrar ás crianzas de forma lúdica os animais. Esta asociación de ilustracións infantís e fotos dos animais no seu medio, converten a colección en algo singularmente diferente e atractivo. Un libro que presenta algúns dos animais que habitan os bosques na fronteira do documental e do libro ilustrado para as...
    En stock

    11,65 €

  • O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
    VILARIÑO SANMARTÍN, INACIO
    Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor. ...
    En stock

    10,40 €

  • OS CASTELOS
    LE LOARER, BÉNÉDICTE
    Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, que actúa como presentador, descobre e mostra ás nenas e aos nenos o universo apaixonante que nos rodea e períodos que foron conformando a historia da humanidade e, en concreto, de Europa. Todos eles finalizan, como recapitulación do lido e aprendido, cun léxico que recolle os termos e/ou aspectos máis signifi...
    En stock

    11,06 €

  • A HORTA SEN QUÍMICOS
    POULIQUEN KERLAU, XAN / RODRÍGUEZ SILVAR, CALROS
    Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer toma...
    En stock

    21,85 €

  • HISTORIA DAS MULLERES GALEGAS
    CARREIRO, PEPE
    Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos se...
    En stock

    12,70 €


01 02 03 04 05 06 07 »