Condicións de venta

1. Natureza do contrato

A través deste portal web, o cliente (entendéndose como tal calquera persoa física ou xurídica) poderá adquirir os diferentes produtos ofertados por LIBRERÍA TRAMA (en adiante, “A Libraría”). Naqueles produtos para os que A Libraría non dispoña de existencias nese momento, a súa intervención limitarase a canalizar a solicitude do cliente ante a distribuidora e, no caso de confirmarse por parte da distribuidora a existencia do produto solicitado polo cliente, este poderá iniciar o trámite para a adquisición deste produto a través deste portal web en base aos termos e condicións establecidos.

 

2. Rexistrarse como cliente

É imprescindible rexistrarse na web como cliente para:

  • Cambiar a clave de acceso á conta.

  • Consultar o estado dos pedidos pendentes.

  • Consultar ou modificar os teus datos persoais.

Non é necesario rexistrarse como cliente para:

  • Comprar.

Para rexistrarse como cliente Vde. deberá cubrir o formulario de rexistro, no apartado “A miña conta” (accédese na parte superior dereita, no menú principal), ou ben en calquera momento no que se lle solicite a identificación de acceso (páxina de 'login').
O seu enderezo electrónico e un contrasinal son os datos que o identifican como cliente. Se esqueceu o contrasinal, seleccione a opción correspondente e enviarémosllo á súa caixa de correo.
Pode modificar os seus datos persoais (cambio de domicilio, de enderezo electrónico,…) ou cambiar o seu contrasinal entrando dende a mesma opción “A miña conta”  no menú principal. Se realiza un pedido, teranse en conta para ese pedido os datos que tivese rexistrados nese momento.

 

3. Como comprar

Para comprar non é imprescindible estar rexistrado como cliente (ver punto anterior). Dende a páxina descritiva do produto, despois de pulsar o botón “comprar”, accédese a un formulario con toda a información sobre as opcións de envío e pagamento. Unha vez formalizada a compra, os seus datos de rexistro serán os tidos en conta para a formalización da compra, da que se xerará un documento electrónico que será arquivado pola Libraría, non sendo este accesible, aínda que si poderá acceder ao estado do seu pedido. Calquera erro na introdución dos seus datos deberá ser emendado antes da formalización da compra. Se se detectan inmediatamente despois de formalizala, deberá poñerse en contacto inmediato coa Libraría para comunicar esta incidencia.
Os títulos que constan na nosa base de datos corresponden a libros que foron dados de alta nalgún momento na nosa libraría, sendo os datos que proporcionamos os referidos a este momento.

Os libros de "dispoñibilidade inmediata", agás erro, son libros que temos na librería e se poden servir.

Os libros dispoñibles "en breve" son libros que están en camiño ou que o proveedor nos informa da súa dispoñibilidade, polo que é posible que se produza algún erro. Neste último caso prodecedríamos á devolución dos cartos.

Aqueles títulos que non son de "dispoñibilidade inmediata" (libro "non dispoñible"; libro "esgotado") a información sobre dispoñibilidade e prezo será a facilitada polo distribuidor, limitándose  A Libraría a canalizar a solicitude do cliente ante o distribuidor. Unha vez confirmada por este último a existencia e o prezo do produto, informarase por correo electrónico ao cliente para que, no seu caso, proceda a iniciar os trámites de compra a través desta web.

Os prezos indicados na nosa web teñen incluído o IVE (Imposto sobre o Valor Engadido).

Nos pedidos realizados desde países non pertencentes á Comunidade Europea, hai que deducir do importe total do pedido, en libros o 4% e en obxectos e audiovisuais o 21% correspondente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

 

4. Notificación de recibo

Unha vez formalizada a compra, recibirá unha notificación de recibo dentro das 24 horas seguintes á formalización, onde se especifican os datos da compra.

 

5. Forma de pagamento

Vde. poderá elixir a forma de pagamento entre as diferentes opcións que se lle indican no proceso de compra. Para iso deberá acceder á “cesta da compra” e elixir no menú despregable, cal das diferentes formas de pagamento é a que desexa.

 

6. Datos de facturación e envío

Por defecto os datos de envío e facturación son os que constan na ficha de rexistro do cliente. Os datos de facturación só será necesario introducilos se son distintos dos de envío.

 

7. Envíos

No caso dos envíos, o importe dos gastos de envío sumarase ao prezo total do pedido. Se se trata dun pedido de varios produtos, procuraremos agrupalos nun só envío, sempre que sexa posible e que isto non demore en exceso a entrega.
O custo definitivo do envío facilítase ao cliente no proceso de compra, no momento da confirmación de datos, e sempre antes de confirmar a súa compra. Este importe inclúe o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) aplicable.
En envíos a países non comunitarios A Libraría non se fará cargo en ningún caso do pagamento de impostos, aranceis aduaneiros ou outros cargos.

 

8. Recollidas

É posible recoller o pedido na Libraría, dentro do horario establecido e sempre que se recibise confirmación de que está dispoñible.

 

9. Entrega do pedido e a factura.

A Librería fará entrega da correspondente factura ao cliente no momento de entrega do pedido. Para envíos nacionais, o envío do pedido realizarase dentro dos 7 días hábiles dende a formalización da compra. Para envíos internacionais, o prazo de entrega deberá ser previamente consultado coa Libraría. O cargo á tarxeta de crédito farase no momento do envío.

 

10. Seguridade e confidencialidade

As transmisións de todos os datos persoais realízanse a través de SSL (Secure Socket Layer), un sistema que garante a confidencialidade dos datos enviados. Os datos persoais que se solicitan son sempre os estritamente necesarios. A Libraría comprométese a non darlles outro uso que o acordado e a non cedelos nin vendelos a terceiros baixo ningún concepto. Estes datos quedan almacenados na base de datos da Libraría. O cliente pode en calquera momento acceder a eles, dende a mesma web, para modificalos.

 

11. Como consultar o estado dun pedido

Para consultar o estado dos seus pedidos pendentes ten que entrar pola opción ‘a miña conta’ na parte superior dereita do menú principal. Despois de identificarse (páxina de ‘login’) poderá acceder á súa páxina de pedidos, onde encontrará os títulos pendentes ordenados por data de pedidos e unha indicación do estado do pedido.

 

12. Cancelacións e desistencia

Os pedidos pódense cancelar sen custo algún antes de que o envío se faga efectivo. Se recibimos aviso de cancelación unha vez o paquete estea enviado, considerarémolo unha devolución.
Se Vde. decide exercer o seu dereito de desistencia, deberá cumprimentar o correspondente formulario de desistencia, indicando en número de pedido, e remitindo o produto polo mesmo conduto que o recibiu e en perfecto estado de conservación. As devolucións poden facerse ata 7 días hábiles dende a recepción do produto, sempre e cando estes non fosen abertos nin usados e conserven –no seu caso- o precinto ou embalaxe orixinal. Isto non será aplicable á venda de artigos que poidan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato ou que por razón da súa natureza, non poidan ser obxecto de devolución, entre os que se encontran os ebook e demais artigos incluídos no artigo 102 da Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios.
No caso de se producir a devolución, os gastos de envío corren a cargo do cliente. Naturalmente, quedan excluídas deste suposto aquelas devolucións que se deriven dun erro noso ou dalgún defecto do produto servido. Nese caso, A Libraría comprométese a cambiar o produto defectuoso por outro e farase cargo dos gastos de devolución e de envío. Se non se puidese facer o cambio, reintegrarase o importe.

 

13. Xurisdición Aplicable

No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes condicións contractuais, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obriga ou ao do domicilio da parte compradora.
Todo iso sen prexuízo da facultade do Cliente de acudir á Xunta Arbitral de Consumo da súa demarcación.
No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas as dúas partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Lugo (España).