O TREVO DA SORTE

O TREVO DA SORTE

ROMERO, MEDOS

12,10 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Año de edición:
2003
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-96128-45-3
Páginas:
116
Encuadernación:
Otros
Colección:
BAIA NARRATIVA

Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa e espida, gozou canto menos do seu instante final naquel lugar. Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre, naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans. Entregada, núa, tal e como ela concebira a beleza por primeira vez, naquel outro corpo, na dor da súa visión, no desacougo daquilo que lle atraera tanto, cando ela se iniciaba ao mundo a través duns ollos aínda inocentes, cando a pebida do sentir prendera nela, cando Carla se iniciaba no desexo, daquela, hai tempo, cando non soubo xa saír daquel lugar, atrapada, cando finou en si, cando Carla aínda ignoraba que era xa un ser dun só instante.

Artículos relacionados

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha ...
    En stock

    17,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • OS DO MAR
    PACO PAZ
    O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.O xornalista de "El Progreso", Roi Díaz, indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrend...
    En stock

    18,00 €

  • O SEÑOR H
    CID, ROSENDO
    En stock

    18,00 €

  • MOSCAS
    MARTÍNEZ ALONSO,RUBÉN
    Do que tratan estes capítulos é da natureza humana, tan contraditoria e incoherente, tan visceral e patética, como redentora e xenuína. E aquí vén un bo consello: non tomes por serio e inmutable aquilo que naceu para morrer, pois só na morte atopa sentido a efémera e fráxil vida dunha mosca. ...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor