Misión, visión y valores

Misión, visión e valores:

 

Misión:

Trama é unha empresa adicada á venta de libros. Abrimos no ano 1997 e dende o primeiro momento tivemos claro que en Lugo había espazo para unha librería de fondo; un lugar no que o lector puidese buscar e, sobre todo, atopar eses libros que deben estar nos andeis. Ademais temos a intención de lle facer a vida mais agradable ás persoas que entran en Trama, tratando de atendelas o mellor posible e de darlles o mellor servizo.

A librería está situada moi preto da Muralla romana de Lugo, no número 21 da Avenida de A Coruña, dentro dunhas galerías comerciais; estamos algo agochados pero así achegarse ata aquí ten o seu aquel.

Tamén temos unha clara vocación de difusión da cultura é por iso contamos cun local dedicado a actividades culturais.

Os que traballamos na librería somos ante todo lectores; gústanos ler e que o noso negocio estea totalmente enfocado ao libro. Neste entorno tratamos de facer que o noso traballo diario sexa pracenteiro.

 

Visión:

O noso proxecto busca consolidarse coma unha librería de referencia en Lugo e, dende aquí, abrirnos ao resto do mundo aproveitando as ferramentas das que dispoñemos (redes sociais, páxina web, etc…). No futuro queremos seguir realizando as mesmas actividades culturais ao redor do libro que ata agora e amplialas con outras como clubs de lectura, talleres, etc.

 

Valores:

 

O noso traballo na librería Trama sempre ten en conta os seguintes puntos.

- Paixón: Sentímonos atraídos pola cultura e en especial polos libros, pero sobre todo sentimos paixón polas persoas.

- Respecto por todos os colaboradores, clientes e provedores.

- Actitude de servizo. Trama ten vocación de prestar un servizo aos nosos clientes e participar nunha economía do ben común.

- Integridade. Intentamos en todo momento cumprir os nosos compromisos e conducímonos pola honestidade, tratando de non xerar expectativas que non poidamos cumprir.