Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1260 resultados

Cabalo de Ouros

Cabalo de Ouros

F. Freixanes, Víctor

Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida. ...

24,00 €

Obediencia

Obediencia

Lopo, Antón

Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático. Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba ...

24,00 €

Todo é Silencio

Todo é Silencio

Rivas, Manuel

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narr...

21,50 €

Asasinato no Consello Nacional

Asasinato no Consello Nacional

Ameixeiras, Diego

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congre...

23,95 €

Onde Houbo Lume

Onde Houbo Lume

Campo, Marica

14,00 €

Unha Lectora Fóra Do Común

Unha Lectora Fóra Do Común

Bennett, Alan

Pequena xoia da literatura titulado Unha lectora fóra do común de Alan Bennett, un escritor do que nos atrevemos a recomendar todas as súas obras. A lectora nada común da que nos fala Bennett e a Raiña de Inglaterra, unha Isabel II que seguindo aos seus cans polos xardíns de palacio atopa o bibliobús aparcado alí para atender ao servicio de Buckingham. Palace; un blibliobús que...

14,00 €

A Estrada

A Estrada

Mccarthy, Cormac

18,00 €

O Grito Do Ipiranga

O Grito Do Ipiranga

García Mañá, Luís Manuel

Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola poli...

20,95 €

A Lei Das Ánimas. A Novela Da Santa Compaña

A Lei Das Ánimas. A Novela Da Santa Compaña

G. Reigosa, Carlos

Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama. En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro. ...

20,55 €

Desfeita

Desfeita

González Suárez-Llanos, Camilo

Desfeita iníciase cunha pescuda, a das causas dunha morte acontecida a raíz da sublevación militar de 1936. Mais, pouco a pouco, é a realidade do franquismo a que xorde e se acaba por impoñer. O despropósito e o absurdo dunha sociedade que se mente a si mesma, que se disfraza do que non é. Camilo Gonsar escribe unha novela que se converte no mellor instrumento para erguer a ton...

21,40 €

Terra Brava

Terra Brava

Fole, Anxel

Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narrativa galega contemporánea. É un libro de pantasmas, de celos, de premonicións, de crimes e de defuntos. Pero é tamén un libro que deixa no lector un vago sentimento apracible, levemente irónico. ...

21,05 €

Contos Completos I

Contos Completos I

Poe, Edgar Allan

A publicación destes dous primeiros volumes dos Contos completos, de Edgar Allan Poe (Boston, 1809-Baltimore, 1849), realízase dentro de Clásicos Universais, colección que ten como obxectivo traducir para o galego as obras fundamentais da tradición literaria mundial. A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en div...

24,55 €

O Pais Das Bestas

O Pais Das Bestas

Moreda Rodríguez, Eva

16,00 €

Os Mortos Daquel Verán

Os Mortos Daquel Verán

Casares, Carlos

A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa. ...

16,90 €

Pirata

Pirata

Reimóndez, María

A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata. Mais se cadra a súa busca non está completa, se cadra aínda lle queda moito por contar. Na súa historia falta aínda a coraxe de Anne Bonney e as ...

21,50 €

Do que Estou a Falar Cando Falo de Correr

Do que Estou a Falar Cando Falo de Correr

Murakami, Haruki

Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os ...

19,90 €

Historia Universal de Paniceiros

Historia Universal de Paniceiros

Bello, Xuan

Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai que nestes textos sexa Paniceiros. Coímbra, Tánxer, Nova York, Barcelona... todos collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello uni ...

15,00 €

En Salvaxe Compaña

En Salvaxe Compaña

Rivas, Manuel

Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xi...

23,50 €

Tras Do Solpor

Tras Do Solpor

Murakami, Haruki

En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces n...

19,50 €

A Trenza

A Trenza

Fernández Mallo, Marcelino

19,00 €

Cardume

Cardume

Vega, Rexina

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, po...

20,50 €

Contos Da Coruña

Contos Da Coruña

Souto, Xurxo

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, ...

21,50 €

O Escaravello de Ouro e Outros Contos

O Escaravello de Ouro e Outros Contos

Poe, Edgar Allan

Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, O escaravello de ouro penetra neses terreos do misterio e das tebras onde Edgar Allan Poe soubo crear maxistralmente unha atmósfera enrarecida e un espírito dominado pola angustia e o terror que tanto caracterizan a súa prosa. Poe, eloxiado por escritores como Baudelaire, foi un amante da beleza e da perfección, e f...

12,50 €

Cemiterio de Elefantes

Cemiterio de Elefantes

Alonso, Fran

En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e ur...

20,95 €

Eu Tamén Fun Coas Vacas

Eu Tamén Fun Coas Vacas

Eiré López, Alfonso

12,00 €

Non me Deixes Nunca

Non me Deixes Nunca

Ishiguro, Kazuo

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006. Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe campestre, un colexio exclusivo acubilla os seus alumnos, protéxeos do mundo exterior, failles crer que son especiais, auténticos seres escollidos. Mais, por que están realmente alí? Kazuo Ishiguro, autor de The Remains of the Day, explora nesta novela as posibilidades da...

25,70 €

O Perfume

O Perfume

Suskind, Patrick

14,00 €

Tres Segundos de Memoria

Tres Segundos de Memoria

Ameixeiras, Diego

Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narrac...

19,95 €

Chuvia Mansa

Chuvia Mansa

Díaz Sánchez, Xoan Ramón

12,75 €