VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE

VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE

RIVAS, MANUEL

18,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9121-456-4
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
18,95 €
IVA incluido
En stock

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa.
En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida.
En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel.
En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea.
«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.

Artículos relacionados

  • CACHARELAS E MARUSÍAS DE PEDRA
    VILLAR FERREIRO, MAJO
    En stock

    19,00 €

  • PUNTO DE ARAÑA
    PALLARES, NEREA
    Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anf...
    En stock

    16,90 €

  • AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o v...
    En stock

    16,95 €

  • ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurx...
    En stock

    17,50 €

  • INDIANA
    SAND, GEORGE / DUPIN, AMANTINE AURORE
    Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas t...
    En stock

    23,40 €

  • O NADADOR NO MAR SECRETO
    KOTZWINKLE, WILLIAM
    Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte. ...
    En stock

    12,00 €

Otros libros del autor

  • DETRAS DEL CIELO
    RIVAS, MANUEL
    LA NUEVA NOVELA DE MANUEL RIVAS Un noir que aborda el poder, la violencia, la corrupción, la defensa de la naturaleza y las relaciones humanas «Para ellos, el mundo iba estupendamente mal. Era un valle de lágrimas. Y ese lugar, en parte, era de nuestra propiedad». Es muy temprano. La luz del alba trata de abrirse paso en el muro de niebla. A pie del monte, seis cazadores ha...
    En stock

    19,90 €

  • TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores aco...
    En stock

    19,95 €

  • EL LAPIZ DEL CARPINTERO (60.º ANIVERSARIO DE ALFAGUARA)
    RIVAS, MANUEL
    Cuando todo se derrumba, cuando el mal se erige en sistema y la crueldad en norma, ¿puede un lápiz salvar el mundo «He aprendido más de la guerra civil española leyendo El lápiz del carpintero, de Manuel Rivas, que en todos los libros de historia.» Günter GrassPremio de la Crítica Española Premio de la Sección Belga de Amnistía Internacional En la cárcel de Santiag...
    En stock

    17,90 €

  • UN MILLÓN DE VACAS
    RIVAS, MANUEL
    Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, as bandas modernas e a pensión ag...
    En stock

    17,95 €

  • A NENA LECTORA
    RIVAS, MANUEL
    «Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: ''Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica. Ti farás que soñemos mentres traballamos.'' Agora ese ía ser o meu oficio. O de nena lectora.» Entre finais do século XIX e comezos do XX a cidade da Coruña foi faro do pensamento libertari...
    En stock

    16,95 €

  • OS COMEDORES DE PATACAS
    RIVAS, MANUEL
    Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e...
    En stock

    18,95 €