Saltar al contenido principal
Un Señor Elegante

Un Señor Elegante

Toro, Suso De

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de d...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2020
ISBN:
978-84-9121-766-4
Páginas:
544
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
25,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.
Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.
Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.
Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Otros libros del autor

Terra de Sacrificio

Terra de Sacrificio

Toro, Suso De

Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e...

18,50 €

Conta, Sherezade

Conta, Sherezade

Toro, Suso De

Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos na...

18,50 €

Deber de Baltar

Deber de Baltar

Toro, Suso De

Velaquí a saga dos Baltar coa presenza dos seus obxectos e mobles vividos, coa seducción dos seus retratos, co engado dos seus filmes familiares, coa memoria dos seus lugares amados. Coa forza da cultura, da política, da medicina: DEBER DE BALTAR. [Catálogo da exposición inspirada na novela "Un señor elegante" de Suso de Toro. Comisario e deseñador: Pepe Barro.] ...

26,50 €