Saltar al contenido principal
Tan Puro. Sor Juana Ines de la Cruz

Tan Puro. Sor Juana Ines de la Cruz

Rabo de Eugua 7

Sor Juana Ines De La Cruz

Tan puro é o título co que Jesús CastroYáñez recolle cinco poemas da poeta Sor Juana Inés de la Cruz traducidos ao galego. O conxunto non é só un excepcional exercicio de tradución senón tamén unha oportunidade de achegarse á unha das maiores figuras da lírica barroca e da poesía hispanoamericana en xeral.Nacida filla ilexítima dun capitán español e unha nai criolla en San Migu...

Editorial:
Chan Da Pólvora
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-123183-1-9
Encuadernación:
Grapado
Colección:
RABO DE EGUA
6,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Tan puro é o título co que Jesús CastroYáñez recolle cinco poemas da poeta Sor Juana Inés de la Cruz traducidos ao galego. O conxunto non é só un excepcional exercicio de tradución senón tamén unha oportunidade de achegarse á unha das maiores figuras da lírica barroca e da poesía hispanoamericana en xeral.
Nacida filla ilexítima dun capitán español e unha nai criolla en San Miguel Nepantla (vicerreinado de Nova España, hoxe México), foi muller de inmenso e precoz talento para a lectura e a escritura, coñecementos aos que con fervor quixo consagrar a súa vida. Relixiosa máis por vocación intelectual que por convicción monástica, foi na orde xerónima onde atopou un lugar e un pretexto para dedicar a súa vida á erudición co apoio da condesa de Paredes e vicerraíña de México, María Luisa Manrique de Lara y Gonzaga (referida nos poemas baixo apelativos afectuosos como Lisi ou Filis), que sería a súa protectora, interlocutora e suxeito central de boa parte da súa obra escrita. Os poemas e retratos que lle dedica á vicerraíña poden ser comprendidos como panexíricos cortesáns ou claras
expresións dunha relación lésbica, e posiblemente as dúas cousas sexan certas e ningunha diga toda a verdade. O que si é evidente nos poemas é a forza
dun eu lírico feminino e virtuoso que crea o suxeito amado á medida da súa voz, que enuncia unha sede para non saciala e así coñecer máis a fondo —nunha
espera desexada inesgotable— a anegada razón do seu ser.
Tan puro únese a Rabo de Egua, colección de Chan da Pólvora dedicada á diversidade das identidade, a única destas características que existe no estado español. O volume forma parte da campaña Libro do Orgullo Galego, que a editora realiza desde hai cinco anos dentro da reivindicación mundial en defensa dos
dereitos LGTBI+. Con sete títulos xa en catálogo, pódense atopar en Rabo de Egua, textos de Ramón Suárez Picallo e poemas de Brane Mocetic, Federico
García Lorca, Serafín Ferro, Antón Fortes e Pau Vadell.

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €