Saltar al contenido principal
Río Sen Ponte

Río Sen Ponte

Losa, Ilse

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cid...

Editorial:
Hércules Ediciones, S. a.
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-18966-12-5
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
16,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952.
A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos
para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean.
Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Otros libros del autor

O Mundo en que Vivín

O Mundo en que Vivín

Losa, Ilse

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña ?cara ao final da Primeira Guerra Mundial? ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente. Hai unha felicísima ima...

16,00 €

El Mundo en que Viví

El Mundo en que Viví

Losa, Ilse

Con una escritura sobria y transparente, y a través de breves episodios, esta novela nos conduce, en un in crescendo de emociones, desde la primera infancia rural de una niña judía en Alemania, hacia el final de la Primera Guerra Mundial, al incremento de las crisis (inflación, desempleo, aumento de la influencia y victoria de los Nazis) [...] y a un desenlace sorprendente. Hay...

16,00 €