Saltar al contenido principal
República Sideral

República Sideral

Fernández Carrodeguas, María Esther

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles -con concreción dos obxectos empregad...

Editorial:
Baía Edicións
Año de edición:
2021
Materia:
Infantil teatro
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Barriga Verde
7,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles -con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo- e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra -con mocadas e pelexas sen escrúpulos.

No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
«Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra —tan deostada nos nosos tempos— antóllasenos de grande axuda para este cometido.

Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano.
Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto —por suposto— deberá de ser un estupendo motor de reflexión».

Artículos relacionados

El Asesino de Riders

El Asesino de Riders

López, Nando

Un joven rider muere atropellado por un coche y su familia y amigos luchan por encontrar al culpable. En paralelo, todas estas personas, pertenecientes a un barrio abandonado a su suerte, reivindican sus derechos y se levantan para defender un mundo más justo y humano. Libertad, identidad, amor, amistad, lealtad, empatía, esperanza... todo eso y mucho más de la mano del premiad...

12,50 €

O Transgredir Das Ondas

O Transgredir Das Ondas

Paula Carballeira

Nesta obra dramática, Paula Carballeira percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado "O transgredir das ondas", onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño, a do sorriso calmo, a da voz nas ondas, a da escrita e a protesta necesaria. ...

12,80 €

Iceberg

Iceberg

Labraña, Carlos

No Polo Norte escasea a comida, polo que Osa Nai ten que ir lonxe para atopala, así que deixa a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk. Pero o bloque de xeo onde está o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar e navegan á deriva. No iceberg, Osiño e Inuk vivirán moitas aventuras e coñecerán todo tipo de xentes, mais os dous só soñan con poder regresar. Serán quen de ...

12,80 €

La Cabeza del Dragón

La Cabeza del Dragón

Del Valle-Inclan, Ramón

Ramón del Valle-Inclán (1866-1936) fue uno de los mayores representantes de la Generación del 98. Escritor genial, fue autor de teatro, novelas, cuentos y poesía, y es considerado como uno de los grandes de la literatura en español de todos los tiempos. Fue un gran innovador, e introdujo el modernismo y el esperpento en nuestras letras. Se pueden destacar de su obra las Sonatas...

12,00 €

A Letra Pequena Das Cousas (Premio Teatrais Inf. )

A Letra Pequena Das Cousas (Premio Teatrais Inf. )

Baños De Cos, Jose Luis

Carlos entra nunha tenda de roupa dunha multinacional para mercar unha camiseta. Na etiqueta atopa unha misteriosa mensaxe cosida. Seguindo as súas puntadas, e coa axuda de Sofía, dependenta da tenda, descubrirá a vida de Salma, unha cativa que traballa nunha fábrica téxtil dun afastado país. Premio de Textos Teatrais Infantil Morales Martínez 2024 ...

12,75 €

El Ogro Gruñon

El Ogro Gruñon

Emma S. Varela / Guitart, Maria

Los animales de la granja de los Martínez viven tan tranquilos y en paz... hasta que Oveja y Araña deciden salir en busca de aventuras. Es entonces cuando atraviesan el bosque y se topan con el terrible ogro Gruñón... ...

8,75 €