Saltar al contenido principal
POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS

POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS

GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha ca...

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2015
ISBN:
978-84-9914-920-2
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
20,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €

A CASA GRANDE

A CASA GRANDE

SENDÓN, OLAIA

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

SUPERMERCADO CARMIÑA

SUPERMERCADO CARMIÑA

CELESTINO PÉREZ RECAREY

Carmiña veve en Casal do Río, unha poboación con moita vida, ou iso di ela moi fachendosa de ter nacido neste fermoso lugar. Casal do Río non é unha aldea, pero tampouco é unha vila; anda entremedias das dúas.Aos seus sesenta e seis anos, Carmiña segue traballando no supermercado que a súa nai creou hai xa varias décadas.Canto tiña dezaseis anos, Carmiña coñeceu a César na verb...

15,00 €

MORTES CON ARGUMENTO

MORTES CON ARGUMENTO

HENRIQUE DACOSTA

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.Tras os ...

23,00 €

O TEMPO VOA

O TEMPO VOA

JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ

E debo confesalo, aceptei o mandado sen discutir, pero actúo co rabo entre as pernas... Falei para min entre dentes: Xoán ou o entendes ou non o entendes (non o entendo). Dis algo?, pregunta a Sofía.Non, non. Nada, meniña. Ou si: Que estou conforme e contento, moi contento. ...

14,00 €

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

V. VALIÑA, CARMEN

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €

Otros libros del autor

NON É DE TARAMUNDI

NON É DE TARAMUNDI

GARCÍA MAÑÁ, LUIS MANUEL

Os anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica. España remata o "racionamento" e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vilaoudriz a Ribadeo vai dirixíndose cara á súa fin, o mesmo que certos modos de vida. Constrúense novas estradas en substitución de vellos camiños polos que ...

17,89 €

O GRITO DO IPIRANGA

O GRITO DO IPIRANGA

GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL

Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola poli...

20,50 €

COUTO MIXTO

COUTO MIXTO

GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL

Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave indep...

51,95 €