O TRADUTOR DE SOMBRAS

O TRADUTOR DE SOMBRAS

FUENTES, MONCHA

18,50 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1110-135-6
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras».
Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira.
Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor de sombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En breve

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

Otros clientes también compraron

  • ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descarg...
    En stock

    18,50 €

  • MULTITUDES
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o...
    En stock

    18,95 €

  • O PASO DO NOROESTE. AS AVENTURAS DO CAPITÁN DUCHESNOY (NOVELA GRÁ
    QUEIPO / PRIMITIVO MARCOS
    No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso de Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento. ...
    En stock

    25,00 €

  • A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, ...
    En stock

    18,95 €