Saltar al contenido principal
O Teu Perfil Na Miña Sombra

O Teu Perfil Na Miña Sombra

Diario Dunha Nai

Vega, Rexina

"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-199-4
Páginas:
164
Encuadernación:
Otros
Colección:
Literaria
17,60 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese tempo marcado pola síndrome do niño baleiro, o que dá pé a unha reflexión sobre o complexo mundo das relacións maternofiliais, sobre o que herdamos e o que só a nosa responsabilidade pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso, entre a apropiación radical da outra e a asunción, tamén radical, da alteridade.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Otros libros del autor

Cardumen

Cardumen

Vega, Rexina

Cada noviembre, la protagonista de Cardumen acompaña a su abuela al cementerio. Visitan el panteón familiar y las tumbas civiles, destino de los repudiados, incluidos aquellos marcados y excluidos por la guerra. Allí imagina a su abuela, joven y hermosa, derramando claveles rojos, clamando contra el espanto y rememorando a los olvidados. Comienza entonces una travesía por la me...

18,00 €

Cardume

Cardume

Vega, Rexina

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, po...

20,50 €

Otros clientes también compraron

Punto de Araña

Punto de Araña

Pallares, Nerea

Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e au...

17,35 €

Tras Do Ceo

Tras Do Ceo

Rivas, Manuel

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na s...

20,50 €

Circe Ou o Pracer Do Azul

Circe Ou o Pracer Do Azul

Caamaño, Begoña

Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...

23,00 €

Morgana en Esmelle

Morgana en Esmelle

Caamaño, Begoña

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmell...

19,50 €

Retorno

Retorno

Reimóndez, María

Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisi...

19,50 €