Saltar al contenido principal
O Pracer Da Chuvia

O Pracer Da Chuvia

Vázquez, Manuel

"A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home ...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-19438-42-3
Páginas:
210
Encuadernación:
Rústica
17,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

"A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.

Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home listo, que ía por diante ; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo; as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo...

Pero tamén personaxes urbanos. É o caso de Celia, que facía a súa propia roupa e comía mazás con whisky, unha desas mulleres malas, que fumaba e quería ser independente, en palabras do autor; Ramona, nacida na Coruña e emigrante á Arxentina, onde coñeceu a Ricardo, outro emigrante de Pol; aquela muller de Lisboa, que lle dixo que ao escoitalo lle fixera lembrar as feiras de Óbidos; a mestra que por ter relacións cunha casada, foi estigmatizada e tivo que pedir traslado..." Extracto do prólogo de Xesús Trashorras.

Artículos relacionados

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €
Dos Afectos, o Río

Dos Afectos, o Río

Ruvira, Sofía

Editorial Galaxia, S. a.

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero invest...

18,80 €

Otros libros del autor

Maldita Eternidade

Maldita Eternidade

Vazquez, Manuel

Medulia Editorial S. l.

14,90 €
Lo Mejor de Vázquez

Lo Mejor de Vázquez

Vázquez, Manuel

Bruguera, S. a.

Lo mejor de las cinco series más importantes del gran Manuel Vázquez. Lo mejor de Vázquez es una antología que reúne lo imprescindible de los cinco mejores personajes que realizó el gran Manuel Vázquez, considerado como el mejor historietista del cómic español de todos los tiempos. En este volumen nos reencontraremos con lo más memorable de personajes tan entrañables y genia...

25,90 €

Otros clientes también compraron

Ninguén Queda

Ninguén Queda

Brais Lamela

Fundación Euseino?

Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos enc...

18,00 €
Asasinato Na Casa Rosa (Os Crimes de Loeiro 1)

Asasinato Na Casa Rosa (Os Crimes de Loeiro 1)

Portabales, Arantza

Editorial Galaxia, S. a.

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que...

21,40 €
Morgana en Esmelle

Morgana en Esmelle

Caamaño, Begoña

Editorial Galaxia, S. a.

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmell...

19,50 €