Saltar al contenido principal
O Párroco de Vejlby

O Párroco de Vejlby

Steensen Blicher, Sten

O noir nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta nouvelle ideada por Blicher (1829), Skällnora kvarn (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e Mordet paa maskinbygger Roolfsen (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de O párroco de Vejlby, tal é a súa import...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-949713-8-9
Encuadernación:
Rústica
11,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

O noir nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta nouvelle ideada por Blicher (1829), Skällnora kvarn (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e Mordet paa maskinbygger Roolfsen (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de O párroco de Vejlby, tal é a súa importancia que foi seleccionada en 2006 como unha das doce obras que configuran o canon da literatura dinamarquesa.

Este opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €