Saltar al contenido principal
O Nariz Dun Notario

O Nariz Dun Notario

About, Edmund

Edmond About ofrece nesta novela curta, publicada en 1862 con grande éxito, un acedo retrato da sociedade de mediados do século XIX, marcada pola desigualdade entre as clases populares e unha burguesía só preocupada polo seu aspecto e as relacións sociais, carente de escrúpulos para lograr os seus fins, por disparatados que sexan. Ademais, a obra contén un curioso tratado sobre...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
ISBN:
978-84-945403-9-4
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Vólvense os paxaros contra as escopetas
8,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Edmond About ofrece nesta novela curta, publicada en 1862 con grande éxito, un acedo retrato da sociedade de mediados do século XIX, marcada pola desigualdade entre as clases populares e unha burguesía só preocupada polo seu aspecto e as relacións sociais, carente de escrúpulos para lograr os seus fins, por disparatados que sexan. Ademais, a obra contén un curioso tratado sobre a cirurxía facial ateigado de especulacións médicas expostas nun ton que se achega por veces á caricatura. O nariz dun notario narra a historia de Alfred L'Ambert, un desdeñoso e fatuo notario parisiense que só se interesa por alternar na Ópera e nas festas da boa sociedade. O home vese envolto nun duelo co turco Ayvaz-Bey, secretario da embaixada otomá na capital francesa, por mor dunha bailarina, a señorita Tompain, pretendida por ambos os dous. O infortunio ocasiona que L'Ambert perda parte do seu nariz e que lle acontezan numerosas vicisitudes para recuperar a integridade do seu prezado rostro. O notario non dubida en mercar a pel e o tempo de Romagné, un mozo auvernés co cal vivir non poucos desgustos e ao que verá unida a súa sorte.

Esta parábola, artellada dende o rexistro irónico e un humor que se achega por veces ao absurdo, ademais de garantir unha lectura entretida, suscita a reflexión sobre a confrontación entre clases sociais, os prexuízos vixentes no século XIX e as situacións hilarantes ás que conduce a falta de escrúpulos.

ESPECIFICACIÓNS

Artículos relacionados

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €