Saltar al contenido principal
O Mono Xouth

O Mono Xouth

Iakovos Pitsipios

Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.As peculi...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-128075-6-1
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.

As peculiaridades do simio a canda sucesivos amos, a crónica satírica das viaxes e o constante intercambio cultural entre Oriente e Occidente sérvenlle ao autor, o irónico e irascible Iakovos Pitsipios, para cuestionar, fuxindo do historicismo e achegándose á picaresca, a autenticidade e a identidade da Grecia posrevolucionaria, inmersa nun clima de constantes cambios sociais e onde a presión de diversas instancias europeas se entendía como opresiva por parte de destacados sectores. Neste sentido, o autor tiña moi presente o termo «hipereuropeización», acabado de cuñar, e consideraba o gusto polos costumes estranxeiros unha sorte de autoodio por parte do pobo grego. Tampouco non era alleo a outro termo irmán: «hiperhelenización».

A través dunha hábil mestura de fantasía e cotiandade, esta obra -inacabada pero autoconclusiva- supón non só unha potente crítica dos costumes da época, senón incluso unha emenda ao concepto de civilización, presentada en forma de alegoría a varias voces; entre elas, sobre todo, a do mono.

Artículos relacionados

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €