Saltar al contenido principal
O Libro de Monelle

O Libro de Monelle

Schwob, Marcel

Malia ser un dos mestres de moitos dos grandes mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser hogano incriblemente descoñecido pola maioría dos lectores e mesmo dos narradores actuais.Entre as súas obras máis celebradas e influíntes salientan Corazón dobre (1891), O re...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-10324-50-3
Páginas:
126
17,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Malia ser un dos mestres de moitos dos grandes mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser hogano incriblemente descoñecido pola maioría dos lectores e mesmo dos narradores actuais.
Entre as súas obras máis celebradas e influíntes salientan Corazón dobre (1891), O rei da máscara de ouro (1892), Mimos (1894), A cruzada dos nenos (1896), Vidas imaxinarias (1896), A porta dos soños (1898), así como os seus estudos lingüísticos verbo do argot francés, os seus ensaios literarios (Espicilexio, 1896) ou as súas traducións de dramas e novelas de William Shakespeare, Daniel Defoe ou Thomas de Quincey.
No ano 1891 Marcel coñeceu a Louise, "Vise", unha obreira e prostituta de vinte e tres anos que, ende mal, morrería dous anos despois, no 1893, por mor da tuberculose. O pasamento do seu amour fou sumiu a Schwob na absoluta desesperación, e, secasí, foi quen de sublimar a vida daquela "muller-nena" transformándoa na protagonista d'O libro de Monelle (1894), unha obra extraordinaria, insondable que ata o de agora nunca vira a luz en galego.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Otros libros del autor

Vidas Imaginarias

Vidas Imaginarias

Schwob, Marcel

Aunque oculto durante algún tiempo tras la etiqueta de "escritor secreto", la relevancia de Marcel Schwob (1867-1905) en la literatura moderna -como atestigua su visible presencia en escritores como Jorge Luis Borges y su "Historia universal de la infamia", Juan José Arreola, Antonio Tabucchi o Pierre Michon en sus "Vidas minúsculas", entre otros- se ha ido haciendo cada vez m...

11,95 €