Saltar al contenido principal
O Lado Nobre

O Lado Nobre

X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira

Lourido, Irene

Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir ne...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2026
ISBN:
978-84-1110-819-5
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
17,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación.
Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles.
«O lado nobre» é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Os Fabuladores

Os Fabuladores

Carnero, José Ignacio

En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...

19,90 €

Bartek o Vencedor

Bartek o Vencedor

Sienkiewicz, Henryk

Este relato narra a traxedia de Bartek, un labrego polaco que volve da guerra franco-prusiana crendo na súa importancia tras derrotar tantos inimigos. Ao regresar á súa vila, vese envolto en situacións que fan que se sinta estranxeiro na súa propia patria e coa súa familia. Por medio do seu protagonista, Sienkiewicz revela o verdadeiro e silencioso prezo das guerras e a difícil...

16,00 €

Ao Outro Lado Do Medo

Ao Outro Lado Do Medo

Orriols, Marta

Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano. Marta Orriols reiventa a novela costumista de personaxes cun retrato certeir...

20,90 €

As Esquinas

As Esquinas

Calvo Marques, Miguel

Entre a depresión que o devora e as esquinas contra as que golpea o seu corpo para sosegar a dor emocional, o protagonista desta novela intenta sobrevivir no medio dun caos de relacións rotas e adiccións. Busca desesperadamente un lugar ao que pertencer e aférrase ao desexo e á esperanza fráxil dun amor que podería salvalo ou, se cadra, destruílo definitivamente. «As esquinas»...

18,50 €

Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Rei Nuñez, Luis

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.Estamos na Gali...

22,80 €