Saltar al contenido principal
O Club Da Calceta

O Club Da Calceta

Reimóndez, María

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspect...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2006
ISBN:
978-84-9782-437-8
Páginas:
272
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
20,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Otros libros del autor

Retorno

Retorno

Reimóndez, María

Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisi...

19,50 €

¡Bárbaras!

¡Bárbaras!

Reimóndez, María

¿Un proceso corporal y cultural que afecta en algún momento de la vida a más de la mitad de la población humana no debería ser un tema fundamental de reflexión?Por increíble que parezca, hablar de la menstruación sigue siendo complicado.Con un enfoque desenfadado y con el objetivo de hacernos reflexionar, ¡Bárbaras! utiliza la menstruación como vía de acceso a una gran diversid...

16,90 €

Furia

Furia

Reimóndez, María

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...

13,95 €

Multitudes

Multitudes

Reimóndez, María

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a...

19,50 €

Cobiza

Cobiza

Reimóndez, María

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda o...

20,50 €

A Semente, a Árbore, a Froita

A Semente, a Árbore, a Froita

Reimóndez, María

Ãë difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política Ãís súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre ...

20,50 €