Saltar al contenido principal
O Carreiro. Memorias Do Tío Santos

O Carreiro. Memorias Do Tío Santos

Luaces Pardo, Narciso

Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira. Da súa man, viaxamos no tempo ao último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas algúns episodios que alí sucederon na Segunda Guerra Mundial. Nestas memorias, co po...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-902-7
Páginas:
162
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
17,60 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira. Da súa man, viaxamos no tempo ao último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas algúns episodios que alí sucederon na Segunda Guerra Mundial.
Nestas memorias, co poder suxestivo da palabra de Narciso Luaces, recuperamos a infancia, participamos directamente na sega e na malla, xogamos libres polas corredoiras, descubrimos un mundo de ilusións nas feiras... Todo contado coa espontaneidade, a frescura e a riqueza léxica de Narciso Luaces, un labrego que leva no sangue a inmensa forza desta terra.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €