Saltar al contenido principal
Non Temerás os Coches Amarelos

Non Temerás os Coches Amarelos

Villar, Marta

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-1110-264-3
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
19,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible.
Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Otros libros del autor

O Misterio Dos Gatos Rosas

O Misterio Dos Gatos Rosas

Villar, Marta

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas... o misterio está servido! Xunto á súa amiga Alba, o inseparable Sultán e o inesperado Coco (un cadeliño con moita enerxía e peidos tan fedorentos que f...

12,95 €
Detective Ferruchi

Detective Ferruchi

Villar, Marta

Maeva Ediciones , S. a.

Una magnífica novela coral por la autora revelación de las letras gallegasSol Cortés decide dar un cambio radical a su vida: abandona la ciudad donde vive y su trabajo como patronista para instalarse en su pueblo natal y abrir una librería. Pocos días después de su regreso, el veterinario local, Xan Sequeiro, es asesinado.Sol se involucra en una investigación paralela para desc...

21,90 €
Detective Ferruchi

Detective Ferruchi

Villar, Marta

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste cri...

22,50 €
Os Peidos Maxicos de Sultan

Os Peidos Maxicos de Sultan

Villar, Marta

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Poderá Sil axudar a que Sultán controle o...

14,50 €