Saltar al contenido principal
Non Penses Nun Elefante Rosa

Non Penses Nun Elefante Rosa

Yañez, Antía

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-1110-069-4
Páginas:
424
Encuadernación:
Rústica
19,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse.
Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.
As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €

O Libro Dos Anatemas

O Libro Dos Anatemas

Eudoxia, Val

O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...

19,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Gañarás un Mar en Calma

Gañarás un Mar en Calma

Martín I Serra, Miquel

Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. ...

19,95 €

Os Fabuladores

Os Fabuladores

Carnero, José Ignacio

En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...

19,90 €

Ao Outro Lado Do Medo

Ao Outro Lado Do Medo

Orriols, Marta

Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano. Marta Orriols reiventa a novela costumista de personaxes cun retrato certeir...

20,90 €

Otros libros del autor

A Eiruga Rabuda

A Eiruga Rabuda

Yañez, Antia

No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre ...

16,95 €

O Misterio Do Torque de Burela (Lectura Facil)

O Misterio Do Torque de Burela (Lectura Facil)

Yañez, Antia

Os irmáns Antón, Carola, Sabela e Iria, co seu can Venres, investigan un misterio: o roubo do famoso Torque de Burela no Museo Provincial de Lugo. Os protagonistas terán problemas durante a súa investigación. Poderán resolvelos? ...

15,50 €

O Clan Das Barbies

O Clan Das Barbies

Yañez, Antía

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía q...

19,95 €

Plan de Rescate

Plan de Rescate

Yañez, Antía

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco ...

13,95 €

Be Water

Be Water

Yañez, Antia

15,50 €

O Misterio Do Torque de Burela

15,50 €