Saltar al contenido principal
Náufragos Do Paradiso

Náufragos Do Paradiso

Pereiro, Lois

Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á "pálida beleza da morte prematura". Nun milimetrado puzzle de sentimentos e situacións, o autor mostra a súa extra...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2011
ISBN:
978-84-9865-354-0
Páginas:
108
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
15,20 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á "pálida beleza da morte prematura". Nun milimetrado puzzle de sentimentos e situacións, o autor mostra a súa extraordinaria e incisiva capacidade de observación como preciso analista da condición humana. Esta edición inclúe tamén un relato baseado na novela.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Otros libros del autor

Modesta Proposición e Outros Ensaios

Modesta Proposición e Outros Ensaios

Pereiro, Lois

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E re...

14,90 €

Antoloxía Poética

Antoloxía Poética

Pereiro, Lois

Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso. ...

13,45 €

Poesía Última de Amor e Enfermidade 1992-1995

Poesía Última de Amor e Enfermidade 1992-1995

Pereiro, Lois

´Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses. Supoño que no meu interior había unha necesidade de expresarme, de expresar non só eses catro anos, senón os 37, case 38 xa que teño, ...

12,00 €

Poemas 1981-1991

Poemas 1981-1991

Pereiro, Lois

Foi Poemas 1981-1991, na década dos 90 do século pasado, o libro máis agardado da poesía galega. E axiña se converteu nunha das propostas máis sólidas e respectadas polos lectores, e quizais a escrita máis influente na moderna literatura galega. É poemas ...

12,00 €

Conversa Ultramarina

Conversa Ultramarina

Pereiro, Lois

Conversa ultramarina é unha longa carta, dividida en dúas partes, dirixida a Piedad R. Cabo, concibida como un dietario, é froito de certa efervescencia creativa entres os meses de marzo e xuño de 1995, cando Lois Pereiro era consciente de que a vida lle dera unha segunda oportunidade, pero támén sabía que vivía na inestabilidade dese renacer. ...

15,00 €