Saltar al contenido principal
MADRIÑA

MADRIÑA

TIZÓN, ANTONIO

No mesmo día de abril de 2010, aparecen os cadáveres de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o dun delincuente, O Globero, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía. Ment...

Editorial:
ELVIRA EDITORIAL
Año de edición:
2025
ISBN:
979-13-990985-5-6
25,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

No mesmo día de abril de 2010, aparecen os cadáveres de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o dun delincuente, O Globero, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía. Mentres tanto, Gustavo, o fillo de Ramiro, entrega a Pereiro unha serie de gravacións feitas por María Dominga, a madriña, que recollen, mediante infinidade de contos e cantos, non só a vida daquela muller, senón a dos membros da súa familia, entre os que o investigador sospeita que se atopa o criminal. A incorporación sorprendente desta voz, a de María Dominga, xunto ao xurdimento inesperado da maxia verbal de Carlos Oroza, e o exercicio de memoria que implica o retrato omnisciente dos quince personaxes que conforman a árbore xenealóxica familiar son tres das maiores peculiaridades desta novela, a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, á que, nesta ocasión, sen perder o seu carácter narrativo, en forma de libro, se lle dá espec

Artículos relacionados

A SAGA DO DESARRAIGADO

A SAGA DO DESARRAIGADO

VIDAL, FRANCISCO ANT.

Entre o rumor do mar e o murmurio da memoria, Nuno -ou Ivar Penca Negra- reconstrúe a súa vida dende a soidade e o arrepentimento. Fillo dunha escrava galega e dun cabaleiro desaparecido, criado en Xutlandia baixo o ferro dos normandos e a voz dun monxe, foxe dun destino que non escolleu e lánzase ó océano en busca da terra dos seus devanceiros.O que comeza como unha viaxe de d...

20,00 €

MULLERES EMPILLADAS

MULLERES EMPILLADAS

MELO, PATRÍCIA

Para fuxir dunha relación abusiva, unha avogada de São Paulo trasládase a Acre, no medio da selva amazónica, onde debe seguir unha serie de xuízos por feminicidio. Ao tempo que se involucra nos arrepiantes e numerosos casos de asasinatos de mulleres, descobre a vida da comunidade indíxena e participa en rituais con ayahuasca, grazas ao cal consegue recordar os feitos que presen...

20,00 €

CORRER

CORRER

ECHENOZ, JEAN

Emil Zátopek comeza a correr de casualidade e dun xeito pouco convencional pero invencible. Tras a guerra, o atleta checoslovaco cambia a fábrica de zapatos na que traballaba polo exército, participa en campionatos que sempre gaña e bate todas as marcas. Alcumado a Locomotora Checa, convértese nun ídolo e nun instrumento de propaganda para o réxime do seu país, ata que a súa fi...

18,00 €

ALGUEN AO LADO

ALGUEN AO LADO

QUIROGA, XABIER

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en qu...

17,95 €

MAZARELOS

MAZARELOS

PORTAS, MANUEL

Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...

22,00 €

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €

Otros libros del autor

COPLAS ANALFABETAS

COPLAS ANALFABETAS

TIZON, ANTONIO

Coplas analfabetas é un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. Inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, madriña do autor, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares, este libro busca dignificar a voz das persoas silen...

20,00 €

LOBOS DOENTES

LOBOS DOENTES

TIZÓN, ANTONIO

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e loba...

19,95 €

UN HOME ESTRAÑO

UN HOME ESTRAÑO

TIZÓN, ANTONIO

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un...

18,95 €