Saltar al contenido principal
Historia Dunha Granxa Africana

Historia Dunha Granxa Africana

Schreiner, Olive

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A ...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Año de edición:
2015
ISBN:
978-84-943230-1-0
Páginas:
364
Encuadernación:
Rústica
15,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A nivel estrutural, é unha novela rica en recursos narratolóxicos —cartas, soños, sermóns, cancións populares, himnos...— e amosa unha solidez que contrasta cun dos seus
temas principais: a fraxilidade dos seres humanos. Por outra banda, cabe sinalar o denso pouso alegórico de certas pasaxes, talvez o meirande empezo para os lectores de hoxe.

O escenario da historia é unha granxa bóer na semidesértica rexión do Karoo. É alí onde transcorre a infancia de Em, Lyndall e Waldo, dúas nenas e un neno que medran nun mundo inhóspito e cheo de limitacións por mor da relixión, das duras condicións de vida ou do rol reservado ás mulleres. Non hai polo tanto paisaxes exóticas ou idealizadas nin aventuras extravagantes, senón o desencanto e a mirada crítica —tamén colonial, cómpre non enganarse— sobre un mundo no que rara vez os soños lle gañan a partida á crueldade.

Artículos relacionados

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Otros libros del autor

De Hombre en Hombre

De Hombre en Hombre

Schreiner, Olive

El premio Nobel J. M. Coetzee rinde homenaje a Olive Schreiner, la primera novelista sudafricana feminista del siglo XIX, recuperando y completando su gran clásico inacabado. «Coetzee mira el mundo y lo escudriña con su bisturí de sabio». El Mundo «Antes de Simone de Beauvoir, Schreiner apuntó que no había nada natural en la división de labores entre hombres y mujeres: entrelos...

22,90 €

Mil Ochocientos Noventa y Nueve

Mil Ochocientos Noventa y Nueve

Schreiner, Olive

Esta obra narra los avatares de una familia durante la conquista británica de Sudáfrica, en las llamadas Guerras Bóeres. Al modo de las grandes sagas familiares, asistimos al inevitable y trágico llamamiento de los hombres al frente, mientras que las mujeres, cohesionadoras del núcleo familiar, quedan al cuidado de la granja y de la casa. ...

13,90 €