Saltar al contenido principal
Grial 230 (A. m. x. 2021) Tomo Lix

Grial 230 (A. m. x. 2021) Tomo Lix

Emilia Pardo Bazan e a Deconstrución Das Categorias...

Emilia Pardo Bazán e a deconstrución das categorías de xénero1921 é o ano do primeiro centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, unha ocasión perfecta para volver sobre a obra dunha autora que nunca foi esquecida, ais sobre a que pesaban —e pesan— certos lastres derivados de circunstancias van máis aló dos seus méritos artísticos: muller nunha historia literaria patriarcal;...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Galicia
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Grial
13,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

Emilia Pardo Bazán e a deconstrución das categorías de xénero

1921 é o ano do primeiro centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, unha ocasión perfecta para volver sobre a obra dunha autora que nunca foi esquecida, ais sobre a que pesaban —e pesan— certos lastres derivados de circunstancias van máis aló dos seus méritos artísticos: muller nunha historia literaria patriarcal; escritora galega que emprega o castelán (algo que, pola contra, non foi obstáculo para a difusión de obras de autoría masculina, nin das figuras dos seus autores); personali- dade complexa, afouta e pouco compracente, que espertou asemade admiración e animadversión.

Cen anos despois, a nosa ollada retrospectiva está, sen dúbida, marcada polo des envolvemento da "lente violeta" e pola superación dos formalismos, substituídos por enfoques sociolóxicos do literario que acollen unha nova dimensión dos discursos e recoñecen de cheo a implicación da creación cultural nas dinámicas ideolóxicas e de poder. Non é, daquela, de estrañar que a perspectiva feminista teña un papel clave nesta nova ollada sobre Pardo Bazán, auspiciada pola súa efeméride. A coincidencia deste segundo centenario co debate social sobre o destino do pazo de Meirás e o significado simbólico que como colectividade queremos inscribir neste monumento histórico contribuíu, por outra banda, á exacerbación ideolóxica da revisión e relectura da súa obra.

O monográfico que aquí presentamos é representativo destes posicionamentos. Alén dos aspectos formais e estilísticos, a nosa ollada céntrase, agora, na deconstrución que sobre as categorías de xénero levou a cabo a autora e presenta tamén outros trazos que constitúen unha tendencia nos estudos actuais sobre Pardo Bazán ao pór o foco en aspectos da súa produción tradicionalmente menos atendidos (nomeadamente os contos ou obras como La sirena negra) e ampliando a perspectiva desde as máis canónicas novelas dos Pazos.

Marilar Aleixandre parte da análise dun feixe das súas narracións breves, unidas polo motivo do aleitamento e a perda, ilustrando, así, a plasmación que Pardo Bazán fixo das experiencias máis físicas das mulleres; mais afondando, tamén, na escisión patriarcal entre maternidade e sexualidade e no entrecruzamento entre xénero e clase social, ao configurar o patriarcado a muller do pobo como nutricia e a de clase alta como mero adobío, impoñendo e proscribindo o aleitamento respectivamente. Se á Nucha de Los pazos de Ulloa se lle impide aleitar, á Maripepa de "La advertencia" impónselle a condición de ama de leite, forzando a separación do seu propio fillo. Do artigo despréndese unha liña de forza centrada en desafiar o tópico existente sobre a visión que Pardo Bazán tiña da muller rural galega, na liña que xa abrira Araceli Herrero Figueroa. Este texto achéganos a unha das máis punxentes e inquietantes narracións breves de Pardo Bazán, "La Corpana", protagonizada por unha muller que vende o seu corpo para que mallen nela, un ser miserento e degradado que semella reunir na súa existencia, simbolicamente, todas as violencias e exclusións das que as mulleres foron vítimas e coa que, máis aló do xuízo despectivo das outras personaxes, que ironizan sobre a súa dor ao desprenderse da filla, a voz narradora empatiza, afirmando a verdade das súas bágoas, feitas de "sangue e auga".

Eva Acosta retoma este fío explorando a figura de mulleres en conflito en oito contos de Pardo Bazán, transitando entre tempos de escrita e comprobando como os motivos narrativos que se repiten non sempre teñen a mesma resolución, pero sempre se volve sobre a violencia de xénero e se plasman estruturas sociais caracterizadas pola inxustiza e a insensibilidade, ao tempo que as mulleres se configuran xa como suxeitos capaces de albiscaren outra existencia para si mesmas, unha cuestión sen dúbida interesante porque, fronte aos finais maioritariamente desgraciados, algunhas son xa donas do seu destino.

Mais non podía faltar neste monográfico o reverso desta deconstrución do feminino. Álex Alonso Nogueira explora a produción da autora, coa idea de achegarnos ao tratamento que Emilia Pardo Bazán lle dá á construción da masculinidade, chegando á conclusión de que esta reescribe, desde a perspectiva dunha muller, "a ficción hexemonicamente masculina". E non só iso; é xustamente esta marca de xénero a que define a súa escrita e a que a singulariza no conxunto dos novelistas da súa época. Hai nela unha disociación entre identidade de xénero e representación que provoca o que se podería definir como "escrita en quiasmo". Poñendo o foco especificamente sobre a construción da masculinidade, toma como figura de referencia esencial o personaxe de Gaspar de Montenegro, de La sirena negra, afonda neste mesmo motivo noutros textos, particularmente en "De un nido" e "John", e traza conexións con outros personaxes da ficción da autora como Mauro Pareja, de Memorias de un solterón. A través da reconfiguración dos personaxes masculinos desde unha ollada feminista apúntase a unha operación de fondo calado que pretende nada menos que "desfacer o xénero", dando forma á complexa subxectividade da modernidade.

Desde este número de GRIAL, queremos contribuír á ollada calidoscópica á que segue convidando, cen anos máis tarde, a figura vizosa e estimulante de Pardo Bazán, sobre a que, non nos cabe dúbida, as interpretacións e os sentidos seguen a estar inesgotados, como ocorre coas grandes producións nas que á calidade formal ou estilística se sobrepón a aguda intuición das tensións sociais, psicolóxicas e humanas, esas que nos envolven e conforman.

María López Sández

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €