Saltar al contenido principal
Grial 230 (A. m. x. 2021) Tomo Lix

Grial 230 (A. m. x. 2021) Tomo Lix

Emilia Pardo Bazan e a Deconstrución Das Categorias...

Emilia Pardo Bazán e a deconstrución das categorías de xénero1921 é o ano do primeiro centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, unha ocasión perfecta para volver sobre a obra dunha autora que nunca foi esquecida, ais sobre a que pesaban —e pesan— certos lastres derivados de circunstancias van máis aló dos seus méritos artísticos: muller nunha historia literaria patriarcal;...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Galicia
Encadernación:
Rústica
Colección:
Grial
13,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Emilia Pardo Bazán e a deconstrución das categorías de xénero

1921 é o ano do primeiro centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, unha ocasión perfecta para volver sobre a obra dunha autora que nunca foi esquecida, ais sobre a que pesaban —e pesan— certos lastres derivados de circunstancias van máis aló dos seus méritos artísticos: muller nunha historia literaria patriarcal; escritora galega que emprega o castelán (algo que, pola contra, non foi obstáculo para a difusión de obras de autoría masculina, nin das figuras dos seus autores); personali- dade complexa, afouta e pouco compracente, que espertou asemade admiración e animadversión.

Cen anos despois, a nosa ollada retrospectiva está, sen dúbida, marcada polo des envolvemento da "lente violeta" e pola superación dos formalismos, substituídos por enfoques sociolóxicos do literario que acollen unha nova dimensión dos discursos e recoñecen de cheo a implicación da creación cultural nas dinámicas ideolóxicas e de poder. Non é, daquela, de estrañar que a perspectiva feminista teña un papel clave nesta nova ollada sobre Pardo Bazán, auspiciada pola súa efeméride. A coincidencia deste segundo centenario co debate social sobre o destino do pazo de Meirás e o significado simbólico que como colectividade queremos inscribir neste monumento histórico contribuíu, por outra banda, á exacerbación ideolóxica da revisión e relectura da súa obra.

O monográfico que aquí presentamos é representativo destes posicionamentos. Alén dos aspectos formais e estilísticos, a nosa ollada céntrase, agora, na deconstrución que sobre as categorías de xénero levou a cabo a autora e presenta tamén outros trazos que constitúen unha tendencia nos estudos actuais sobre Pardo Bazán ao pór o foco en aspectos da súa produción tradicionalmente menos atendidos (nomeadamente os contos ou obras como La sirena negra) e ampliando a perspectiva desde as máis canónicas novelas dos Pazos.

Marilar Aleixandre parte da análise dun feixe das súas narracións breves, unidas polo motivo do aleitamento e a perda, ilustrando, así, a plasmación que Pardo Bazán fixo das experiencias máis físicas das mulleres; mais afondando, tamén, na escisión patriarcal entre maternidade e sexualidade e no entrecruzamento entre xénero e clase social, ao configurar o patriarcado a muller do pobo como nutricia e a de clase alta como mero adobío, impoñendo e proscribindo o aleitamento respectivamente. Se á Nucha de Los pazos de Ulloa se lle impide aleitar, á Maripepa de "La advertencia" impónselle a condición de ama de leite, forzando a separación do seu propio fillo. Do artigo despréndese unha liña de forza centrada en desafiar o tópico existente sobre a visión que Pardo Bazán tiña da muller rural galega, na liña que xa abrira Araceli Herrero Figueroa. Este texto achéganos a unha das máis punxentes e inquietantes narracións breves de Pardo Bazán, "La Corpana", protagonizada por unha muller que vende o seu corpo para que mallen nela, un ser miserento e degradado que semella reunir na súa existencia, simbolicamente, todas as violencias e exclusións das que as mulleres foron vítimas e coa que, máis aló do xuízo despectivo das outras personaxes, que ironizan sobre a súa dor ao desprenderse da filla, a voz narradora empatiza, afirmando a verdade das súas bágoas, feitas de "sangue e auga".

Eva Acosta retoma este fío explorando a figura de mulleres en conflito en oito contos de Pardo Bazán, transitando entre tempos de escrita e comprobando como os motivos narrativos que se repiten non sempre teñen a mesma resolución, pero sempre se volve sobre a violencia de xénero e se plasman estruturas sociais caracterizadas pola inxustiza e a insensibilidade, ao tempo que as mulleres se configuran xa como suxeitos capaces de albiscaren outra existencia para si mesmas, unha cuestión sen dúbida interesante porque, fronte aos finais maioritariamente desgraciados, algunhas son xa donas do seu destino.

Mais non podía faltar neste monográfico o reverso desta deconstrución do feminino. Álex Alonso Nogueira explora a produción da autora, coa idea de achegarnos ao tratamento que Emilia Pardo Bazán lle dá á construción da masculinidade, chegando á conclusión de que esta reescribe, desde a perspectiva dunha muller, "a ficción hexemonicamente masculina". E non só iso; é xustamente esta marca de xénero a que define a súa escrita e a que a singulariza no conxunto dos novelistas da súa época. Hai nela unha disociación entre identidade de xénero e representación que provoca o que se podería definir como "escrita en quiasmo". Poñendo o foco especificamente sobre a construción da masculinidade, toma como figura de referencia esencial o personaxe de Gaspar de Montenegro, de La sirena negra, afonda neste mesmo motivo noutros textos, particularmente en "De un nido" e "John", e traza conexións con outros personaxes da ficción da autora como Mauro Pareja, de Memorias de un solterón. A través da reconfiguración dos personaxes masculinos desde unha ollada feminista apúntase a unha operación de fondo calado que pretende nada menos que "desfacer o xénero", dando forma á complexa subxectividade da modernidade.

Desde este número de GRIAL, queremos contribuír á ollada calidoscópica á que segue convidando, cen anos máis tarde, a figura vizosa e estimulante de Pardo Bazán, sobre a que, non nos cabe dúbida, as interpretacións e os sentidos seguen a estar inesgotados, como ocorre coas grandes producións nas que á calidade formal ou estilística se sobrepón a aguda intuición das tensións sociais, psicolóxicas e humanas, esas que nos envolven e conforman.

María López Sández

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Un Monte Todos os Montes

Un Monte Todos os Montes

Azul Mais Verde Coop. / Autoría Colectiva

Un monte todos os montes concíbese como unha "publica-acción" para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario. A través dunha escrita plural —que incorpo...

16,00 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

A Compostela de Begoña Caamaño

A Compostela de Begoña Caamaño

Encarna Otero Cepeda / Pascale Lee

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».Con estas palabras, a historiadora Encarna Oteroachégase, nesta terceira entrega da serie Mulleresen Compo...

20,00 €

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Aa.vv.

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...

32,80 €

Os Libros Censurados por Franco

Os Libros Censurados por Franco

Xosé Manuel Dasilva

Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...

25,10 €

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Elites, Poder Local y Elecciones en Galicia.

Prada Rodriguez (Ed.), Julio

La transición española constituye, medio siglo después del fin de la dictadura, un tema clave en la historiografía, en el que el papel de las élites, la ciudadanía y las luchas sociales continúa siendo objeto de discusión. Desde una perspectiva regional centrada en las décadas de los sesenta y setenta, este volumen examina la composición y evolución de las élites políticas del ...

24,00 €