Saltar al contenido principal
FORMIGAS NOS PÉS

FORMIGAS NOS PÉS

LÓPEZ, NAZARET

" Formigas nos pés " é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e qu...

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2019
ISBN:
978-84-9121-593-6
Páginas:
312
Encuadernación:
Rústica
20,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

" Formigas nos pés " é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.
Para a protagonista de " Formigas nos pés " , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

V. VALIÑA, CARMEN

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €

MAZARELOS

MAZARELOS

PORTAS, MANUEL

Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...

22,00 €

SUPERMERCADO CARMIÑA

SUPERMERCADO CARMIÑA

CELESTINO PÉREZ RECAREY

Carmiña veve en Casal do Río, unha poboación con moita vida, ou iso di ela moi fachendosa de ter nacido neste fermoso lugar. Casal do Río non é unha aldea, pero tampouco é unha vila; anda entremedias das dúas.Aos seus sesenta e seis anos, Carmiña segue traballando no supermercado que a súa nai creou hai xa varias décadas.Canto tiña dezaseis anos, Carmiña coñeceu a César na verb...

15,00 €

A CASA GRANDE

A CASA GRANDE

SENDÓN, OLAIA

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €

O TEMPO VOA

O TEMPO VOA

JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ

E debo confesalo, aceptei o mandado sen discutir, pero actúo co rabo entre as pernas... Falei para min entre dentes: Xoán ou o entendes ou non o entendes (non o entendo). Dis algo?, pregunta a Sofía.Non, non. Nada, meniña. Ou si: Que estou conforme e contento, moi contento. ...

14,00 €

Otros libros del autor

PECADOS VENIAIS

PECADOS VENIAIS

LÓPEZ, NAZARET

Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxi...

18,95 €