Saltar al contenido principal
Entre Donas

Entre Donas

Marilar Aleixandre / Marica Campo / Rosalía Fernández Rial / Teresa Moure / Emma Pedreira / María Reimond

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: "Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes...

Editorial:
Baía Edicións
Año de edición:
2020
ISBN:
978-84-9995-342-7
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BAIA NARRATIVA
14,35 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:
"Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes", recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do "relato dos relatos" na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.
[...]
Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente.
As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Otros libros del autor

As Malas Mulleres (Premio Blanco Amor 2020)

As Malas Mulleres (Premio Blanco Amor 2020)

Marilar Aleixandre

Editorial Galaxia, S. a.

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do "mudo coro das malas mulle...

22,55 €