Saltar al contenido principal
Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Rei Nuñez, Luis

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.Estamos na Gali...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-590-9
Páginas:
316
Colección:
Literaria
22,80 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025

Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.
Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.
Estamos na Galicia de 1950. África Brea vén dun lugar da costa de Muros e estuda Maxisterio en Pontevedra, onde unha das súas profesoras é María Viviana Mariño. Son tempos de penitencia e penurias, mais elas dúas vivirán a súa vida sorteando tabús.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Otros libros del autor

Matarán a Reboiras

Matarán a Reboiras

Rei Núñez, Luís

No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro d...

25,50 €

As Sílabas Do Mundo

As Sílabas Do Mundo

Rei Núñez, Luís

«As sílabas do mundo» é unha aposta militantemente figurativa de Luís Rei Núñez que, despois de «Estrela do norte» sae ao encontro das lectoras e dos lectores coa ambición -ese "imposible viable"- de ofrecerlles un espello onde tamén quede reflectida a súa alma. É unha poesía que rende a obediencia debida aos sentimentos, que constata a simetría entre a celebración e o laio, e ...

15,00 €