Saltar al contenido principal
Días de Intemperie

Días de Intemperie

Riveiro Coello, Antón

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus persona...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Año de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-907-2
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
16,45 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.
Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Chao, Bicos

Chao, Bicos

Bennett, Claire-Louise

Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inaltera...

21,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

Oversize

Oversize

Boente, Marta

A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...

18,10 €

Gustavos

Gustavos

Beltrám Carballeira, Ramón X.

Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa d...

13,90 €

Otros libros del autor

Laura no Deserto

Laura no Deserto

Riveiro Coello, Anton

Primavera de 1982. Diana bate en Barcelona cunha carta que ispe a memoria familiar. En Compostela, un intelectual enfermo, empurrado pola morfina, espétalle ao seu fillo unha frase que garda un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, mira de coidar do seu amigo Bernie, que probou o suicidio. Nun psiquiátrico, unha muller leva meses sen pronunciar máis palabra que o mu...

29,55 €

Os Abandonos

Os Abandonos

Riveiro Coello, Anton

Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión d...

16,50 €

Os Elefantes de Sokúrov

Os Elefantes de Sokúrov

Riveiro Coello, Antón

Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non alb ...

26,10 €

Los Elefantes de Sokúrov

Los Elefantes de Sokúrov

Riveiro Coello, Anton

23,00 €

Hotel Carioca (I Premio a. cunqueiro Novela 2022)

Hotel Carioca (I Premio a. cunqueiro Novela 2022)

Riveiro Coello, Anton

I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá m...

26,70 €

O Paraíso Dos Inocentes

O Paraíso Dos Inocentes

Riveiro Coello, Antón

PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosa...

23,20 €