Saltar al contenido principal
Comida para Gatos e Outras Delicatessen Indixestas

Comida para Gatos e Outras Delicatessen Indixestas

Darriba, Luz

>, di Roberto Juarroz, en Como amar o imperfecto. As cousas, a vida e as historias son imperfectas. Estas, as de Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, navegan entre a imperfección e as ganas de ser aceptadas, de atopar complicidades, acubillo. Dez relatos sobre desexos e desexos reprimidos, sobre traizóns e culpas, sobre a procura incansábel do amor, a loita por a...

Editorial:
Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-128106-6-0
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
16,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

<< Como amar o imperfecto, se escoitamos a través das cousas como nos chma o perfecto ?>>, di Roberto Juarroz, en Como amar o imperfecto. As cousas, a vida e as historias son imperfectas. Estas, as de Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, navegan entre a imperfección e as ganas de ser aceptadas, de atopar complicidades, acubillo. Dez relatos sobre desexos e desexos reprimidos, sobre traizóns e culpas, sobre a procura incansábel do amor, a loita por atopar un lugar no mundo e unha ches de continxencias que modelan a condición humana.

Un ramallete de contos xuntados por vocación propia, que narran sentimentos de frustración, de soidade, de tristeza e tamén de xustiza poética e de esperanza. son como pequenas goatas que se van engadindo ao vaso, até que desborda. Un desborde contido e elegante, mais un desborde que nos propón outras maneiras de mirar, de ulir, de sentir, de afrontar as circunstancias en tempos de chimpos ao baleiro. En tempos nos que o volar da ollada é vital para mudar de dirección.

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Otros libros del autor

Xoguetes para Nenos Cegos

Xoguetes para Nenos Cegos

Darriba, Luz

Xosé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores.Xoguetes para nenos cegos é un relato sórdido, doloroso nalgúns momentos, anguriante noutros, dun tempo non afastado de opresión, miseria e incultura. Luz Darriba impregna a narración dun ritmo in crescendo para reme...

15,00 €