Saltar al contenido principal
CARRUSEL

CARRUSEL

PREMIO GARCÍA BARROS 2019

DÁVILA, BERTA

Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da s...

Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2019
ISBN:
978-84-9151-404-6
Páginas:
128
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Literaria
15,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)

ALEIXANDRE, MARILAR

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

18,50 €

SUPERMERCADO CARMIÑA

SUPERMERCADO CARMIÑA

CELESTINO PÉREZ RECAREY

Carmiña veve en Casal do Río, unha poboación con moita vida, ou iso di ela moi fachendosa de ter nacido neste fermoso lugar. Casal do Río non é unha aldea, pero tampouco é unha vila; anda entremedias das dúas.Aos seus sesenta e seis anos, Carmiña segue traballando no supermercado que a súa nai creou hai xa varias décadas.Canto tiña dezaseis anos, Carmiña coñeceu a César na verb...

15,00 €

MAZARELOS

MAZARELOS

PORTAS, MANUEL

Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...

22,00 €

A CASA GRANDE

A CASA GRANDE

SENDÓN, OLAIA

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

ILLA DE SANGUE (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2025

V. VALIÑA, CARMEN

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €

O TEMPO VOA

O TEMPO VOA

JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ

E debo confesalo, aceptei o mandado sen discutir, pero actúo co rabo entre as pernas... Falei para min entre dentes: Xoán ou o entendes ou non o entendes (non o entendo). Dis algo?, pregunta a Sofía.Non, non. Nada, meniña. Ou si: Que estou conforme e contento, moi contento. ...

14,00 €

Otros libros del autor

A FERIDA IMAXINARIA

A FERIDA IMAXINARIA

DAVILA, BERTA

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acu...

18,95 €

OS SERES QUERIDOS

OS SERES QUERIDOS

DÁVILA, BERTA

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiar...

16,95 €

ILLA DECEPCIÓN

ILLA DECEPCIÓN

DÁVILA, BERTA

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020 ¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, ...

17,89 €

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN (NOVELA GRÁFICA)

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN (NOVELA GRÁFICA)

DÁVILA, BERTA

Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos esta novela gráfica. De novo os mesmos personaxes atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias. Capaces de amar, de odiar, de agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin. Escritora e debuxante en simbiose incrible para facer unha novela n...

21,30 €

DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN, O (VII PREMIO REPSOL 2013)

DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN, O (VII PREMIO REPSOL 2013)

DAVILA, BERTA

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para...

17,00 €

O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)

O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)

DAVILA, BERTA

O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional)...

13,50 €