Carmilla
Le Fanu, Joseph Sheridan
Carmilla é un relato gótico publicado orixinalmente por entregas na revista londiniense The Dark Blue e, xa co engadido do prólogo, na compilación In a Glass Darkly (1872). Trátase, xa que logo, dun clásico da literatura de vampiros que se adiantou en máis de dúas décadas ao Drácula de Bram Stoker.A historia ambiéntase en Estiria, onde Laura, unha moza de dezanove anos, reside ...
Sinopsis
Carmilla é un relato gótico publicado orixinalmente por entregas na revista londiniense The Dark Blue e, xa co engadido do prólogo, na compilación In a Glass Darkly (1872). Trátase, xa que logo, dun clásico da literatura de vampiros que se adiantou en máis de dúas décadas ao Drácula de Bram Stoker.
A historia ambiéntase en Estiria, onde Laura, unha moza de dezanove anos, reside co seu pai. O accidente sufrido por unha carruaxe provoca que acollan no seu castelo unha descoñecida, Carmilla, o cal dá pé a que xurda unha intensa e inquietante relación afectiva entre ambas as rapazas. A trama, narrada na peculiar prosa de Le Fanu, combina sedución e terror e conduce cara á revelación da identidade da enigmática hóspede.
O relato de Laura, rememorado e presentado como un documento extraído dos papeis do doutor Hesselius, un eminente investigador do ocultismo, recorre aos motivos principais da literatura gótica: o castelo illado, os soños premonitorios, unha enfermidade de orixe descoñecida ou a presenza dunha criatura ancestral. O contraste entre a fascinación que Carmilla exerce sobre a protagonista e o medo que lle suscita resulta clave para construír unha atmosfera ambigua e intrigante.
Máis ca ao redor do medo, o vampirismo en Carmilla pivota sobre a sedución, o desexo lésbico, a progresiva entrada na madureza e a creación dunha perturbadora figura feminina.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor