Saltar al contenido principal
Caída

Caída

Bahamonde Trillo, Jesús

Este que agora arde nas túas mans coma un incendio, co lume -purificador en tantas culturas- que devora e que cura, é o novo libro de Suso Bahamonde. No oficio ao que o autor se entregara nos días e nas noites de Compostela, os últimos anos do pasado século, acada agora categoría de artesán maior, con poemas de formas estremadas.O autor xa nos deu dous libros máis. O primeiro, ...

Editorial:
M Editora-Alberte Momán
Año de edición:
2019
ISBN:
978-84-09-09734-0
Páginas:
53
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Este que agora arde nas túas mans coma un incendio, co lume -purificador en tantas culturas- que devora e que cura, é o novo libro de Suso Bahamonde. No oficio ao que o autor se entregara nos días e nas noites de Compostela, os últimos anos do pasado século, acada agora categoría de artesán maior, con poemas de formas estremadas.
O autor xa nos deu dous libros máis. O primeiro, Óxido nas flores da tarde, xorde na época compostelá, entre viños e conversas, e nel un Suso moi noviño e bukowskián desátase nun conxuro contra a realidade, sempre contraria do desexo, e deixa ver, xa, un pouco do fulgor que agora nos deslumbra. Tamén nos descobre a súa paixón polo cinema, que dende entón será unha constante no seu discurso. Tanto no cinema coma na música e na literatura, el sabe facer boas amizades, imprescindibles para aturar a travesía.
Despois de anos de silencio o Suso convocounos para un segundo libro, Expansión, un canto épico onde o heroe loita por termar de todo canto ama nun conflito co tempo, e sentencia "Non hai nada seguro". Tamén hai política dentro de Expansión, e denuncia dos horrores da historia.
Hai moito tempo que coñezo a Suso. Eu lin o romance A estrada, de Cormac McCarthy, lectura que el mesmo me recomendou, e sei que o Suso camiña por páramos queimados, mais leva lume no interior. E iso aflora nos seus versos O poeta non acouga porque necesita a beleza. E desa necesidade xorden obras como Caída.
Téñolle aprezo á súa poesía anterior, pero opino que é aquí,en Caída, onde a voz do poeta é máis demoledora, e mostra o Suso Bahamonde máis íntimo, pois é ao mesmo corazón da escuridade onde nos leva este experto na ciencia dos abismos: tempestade urbana, coñecemento profundo do amor e da dor, paixón pola vida, inda que nos fira, arrogancia romántica, son a materia dun canto vital construído con poderosas imaxes.
Non hai febleza neste libro. Fascíname a súa escrita, que é como pedra traballada co esforzo e coa vontade. Esas cousas son doadas para un deus, ou algo así dixera o Rilke. Mais o artesán ten que tallar a pedra ata acadar a forma que precisa. Fan falta máis libros coma este que nos abraien coa verdade núa da vida consciente; fan falta máis artesáns coma Suso contra os tempos escuros que nos asedien.
"Que todo arda", di o poeta pé do precipicio contemplando a derrota. Fala de si mesmo e de nós. E a nós só nos queda darlle a beizón por esta experiencia do mundo, por este fulgor que nos ilumina.

Xaime Trillo

Artículos relacionados

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €