Saltar contido
Caída

Caída

Bahamonde Trillo, Jesús

Este que agora arde nas túas mans coma un incendio, co lume -purificador en tantas culturas- que devora e que cura, é o novo libro de Suso Bahamonde. No oficio ao que o autor se entregara nos días e nas noites de Compostela, os últimos anos do pasado século, acada agora categoría de artesán maior, con poemas de formas estremadas.O autor xa nos deu dous libros máis. O primeiro, ...

Editorial:
M Editora-Alberte Momán
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-09-09734-0
Páxinas:
53
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Este que agora arde nas túas mans coma un incendio, co lume -purificador en tantas culturas- que devora e que cura, é o novo libro de Suso Bahamonde. No oficio ao que o autor se entregara nos días e nas noites de Compostela, os últimos anos do pasado século, acada agora categoría de artesán maior, con poemas de formas estremadas.
O autor xa nos deu dous libros máis. O primeiro, Óxido nas flores da tarde, xorde na época compostelá, entre viños e conversas, e nel un Suso moi noviño e bukowskián desátase nun conxuro contra a realidade, sempre contraria do desexo, e deixa ver, xa, un pouco do fulgor que agora nos deslumbra. Tamén nos descobre a súa paixón polo cinema, que dende entón será unha constante no seu discurso. Tanto no cinema coma na música e na literatura, el sabe facer boas amizades, imprescindibles para aturar a travesía.
Despois de anos de silencio o Suso convocounos para un segundo libro, Expansión, un canto épico onde o heroe loita por termar de todo canto ama nun conflito co tempo, e sentencia "Non hai nada seguro". Tamén hai política dentro de Expansión, e denuncia dos horrores da historia.
Hai moito tempo que coñezo a Suso. Eu lin o romance A estrada, de Cormac McCarthy, lectura que el mesmo me recomendou, e sei que o Suso camiña por páramos queimados, mais leva lume no interior. E iso aflora nos seus versos O poeta non acouga porque necesita a beleza. E desa necesidade xorden obras como Caída.
Téñolle aprezo á súa poesía anterior, pero opino que é aquí,en Caída, onde a voz do poeta é máis demoledora, e mostra o Suso Bahamonde máis íntimo, pois é ao mesmo corazón da escuridade onde nos leva este experto na ciencia dos abismos: tempestade urbana, coñecemento profundo do amor e da dor, paixón pola vida, inda que nos fira, arrogancia romántica, son a materia dun canto vital construído con poderosas imaxes.
Non hai febleza neste libro. Fascíname a súa escrita, que é como pedra traballada co esforzo e coa vontade. Esas cousas son doadas para un deus, ou algo así dixera o Rilke. Mais o artesán ten que tallar a pedra ata acadar a forma que precisa. Fan falta máis libros coma este que nos abraien coa verdade núa da vida consciente; fan falta máis artesáns coma Suso contra os tempos escuros que nos asedien.
"Que todo arda", di o poeta pé do precipicio contemplando a derrota. Fala de si mesmo e de nós. E a nós só nos queda darlle a beizón por esta experiencia do mundo, por este fulgor que nos ilumina.

Xaime Trillo

Artículos relacionados

Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Milagre Da Pera no Tempo.

O Milagre Da Pera no Tempo.

Díaz Estévez, Suso

Diputación Provincial de Ourense

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as a...

15,00 €